Manuel Baltar recibe a estudantes de Normandía que visitan a “Vía da Prata”

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibíu no Pazo Provincial a trinta alumnos e profesores do Lycee “Jean-Rostand” de Caen, na rexión francesa de Normandia (Francia), que están a realizar unha viaxe cultural na que estes días percorren a provincia de Ourense e a “Vía da Prata”, iniciativa que conta coa colaboración da Asociación “Amigos da Vía da Prata-Camiño Mozárabe Ourense” e da Deputación de Ourense.

Na recepción, que tivo lugar no salón de plenos da institución provincial, e que contou tamén coa presenza do presidente e o vicepresidente desta asociación, José Luis Rodríguez Cid e Eligio Nieto, respectivamente, Manuel Baltar explicoulles aos estudantes e profesores franceses aspectos culturais, sociais e turísticos da provincia de Ourense, con especial relevancia ao termalismo, “ámbito no que Ourense é a provincia de Europa con maior potencial”, e tamén se referiu á nosa provincia “como á que máis quilómetros fronteirizos ten con outro país (Portugal) de todas as de España”.

Asemade, o presidente do goberno provincial destacou as relacións internacionais da provincia de Ourense, reforzadas recentemente co nomeamento de Manuel Baltar como presidente de Partenalia -a rede europea de gobernos provinciais-, e coa vicepresidencia que ostenta na Asociación europea de cidades históricas termais. Baltar tamén como outra das grandes singularidades da provincia de Ourense a Ribeira Sacra, “o territorio que concentra maior número de mosteiros de Europa, unha contorna que teredes a posibilidade de visitar estes días e que, sen dúbida, deixaravos un recordo inesquecible”.

Os alumnos do Lycee “Jean-Rostand” pasarán unha semana na provincia de Ourense e na súa estancia combinarán actividades culturais, turísticas e de lecer, e realizarán tramos a pé da “Vía da Prata”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar