A gloria do poder

 

Cando en 1982 gañou as eleccións xerais o Psoe, houbo unha crenza xeneralizada de que o Partido non estaba preparado para a victoria que obtivera, especialmente pola falta de un equipo de xente preparada para gobernar, entendendo que por falta de experiencia iba a serlle moi difícil encontrar cadros formados para afrontar a tarefa de gobernar o País. O Psoe non só conseguiu conformar un goberno brillante encabezado por Felipe González e Alfonso Guerra, senón que aquela primeira etapa de goberno socialista durou dezaseis anos.

Na especial situación que vivimos estes días, non faltou quen se botase as
mans á cabeza diante dunha moción de censura á que moi poucos lle vían futuro, cambiando de opinión na medida en que esta se foi afianzando ata chegar ao momento no que o voto do Pnv foi decisivo para que o impensable ocorrira: desbancar a Rajoy e o seu partido, o PP, do Goberno da nación.

A intención do Psoe é a de gobernar en solitario, a pesar do reiterado ofrecemento de Podemos de integrarse no goberno, pretendendo –pretensión natural, por outra parte- chegar ao poder a toda costa, e sabendo que o Psoe xestá nunha minoría tan minoritaria que vai ter que facer malabares para sacar adiante calquera proxecto.

Pero do mesmo xeito que o Psoe en 1982, ao conseguir o poder soubo gobernar, nesta ocasión seguro que tamén o poder fai milagros, e as noticias que fomos coñecendo, a contagotas, de quen ía formar parte do goberno así parecen confirmalo, especialmente tendo en conta a elección de Josép Borrell –catalán antiseparatista- para Asuntos Exteriores.

Claro que o poder fai milagros, e ahí está para demostralo Pedro Sánchez, gañador da moción de censura, convertido en Presidente do Goberno case por accidente, que está camiño de obter imaxe de estadista, e moi axiña esqueceremos que nin dentro do seu partido había unanimidade nos apoios, e moi poucos dos seus e ninguén dos oponentes daba nada por el no futuro inmediato. Pero é o que ten o poder, a pouco que se saiba utilizalo, primeiro con nomeamentos e logo exercéndoo… Pode que non se consiga progreso efectivo, pero si a gloria necesariamente efímera de entrar na historia. E neso estamos.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar