Pontevedra:O campo de fútbol de Cerpozóns está rematad

“Esto está rematado, a falta de pequenos detalles que se irán resolvendo esta semana”. Así anunciaba o alcalde Miguel Anxo Fernández Lores na súa visita ao remate das obras do Campo de herba sintética de Cerponzóns, “o primeiro doutros que estarán no rural para completar as necesidades de campos de xogo que temos no municipio”, concluíu.

Este campo “que quedou espectacular, coa máxima calidade, amplitude e herba sintética de nova xeración -a que máis se asemella a herba natural-“, tivo un custe superior aos 800.000 euros e que integrará a rede de novos campos xunto aos proxectados en Salcedo, Campañó, Ponte Sampaio e Santa María de Xeve, este último pendente de iniciar nos vindeiros días as obras.

A inauguración deste campo irá da man do Club de fútbol Cerponzóns, co que xa se manteñen conversas.

 

O proxecto

O campo de fútbol ten un terreo de xogo dunha superficie de 105×63 metros, é dicir, permite crear un campo de fútbol 11 e dous campos de fútbol 7 con materiais recomendados pola FIFA para poder seren utilizados en competicións oficiais.

O complexo tamén dispón dun edificio de vestiarios (derrubarase o actual) de 392 metros cadrados con catro vestiarios para xogadores, dous para árbitros, enfermería e almacén para aparellos de fútbol, limpeza e outros elementos. Tamén dispón dunha sala de instalacións.

A cantina está nun novo edificio, xa que foi derrubado o anterior. Ten aseos e novos accesos.

O tellado é de pedra granítica e transitable. Separouse o acceso dos deportistas e do público, e o complexo ten auga quente dunha caldeira de biomasa.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar