Lugo: A alcaldesa recibe ao presidente da Academia Galega

 

A alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, recibiu ao presidente da Real Academia Galega, Víctor F. Freixanes. Na xuntanza, os representantes de ambas as institucións estudaron posibles fórmulas de colaboración entre o Concello e a Academia.

No encontro, no que tamén participou o secretario da RAG, Henrique Monteagudo, a rexedora e os representantes da Academia coincidiron á hora de manifestar a súa preocupación pola transmisión interxeracional da lingua galega e o interese de impulsar accións de promoción do idioma.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar