Manuel Baltar analiza en Madrid os retos económicos dos gobernos locais

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou en Madrid nas reunións da Comisión Permanente e na Xunta do Padroado da Fundación Democracia e Goberno Local, xuntanzas nas que analizou con homólogos provinciais os novos retos económicos e de competencias que teñen por diante os gobernos provincias intermedios e as administracións locais. O padroado da Fundación Democracia e Goberno Local está integrado polos presidentes de 25 gobernos provinciais de España, presididos pola presidenta da Deputación de Barcelona, Mercé Conesa, e Manuel Baltar forma parte tamén da Comisión Permanente, conformada unicamente por 8 gobernos provinciais, entre os que figura a Deputación de Ourense.

Na reunión de hoxe, Manuel Baltar foi felicitado pola súa recente elección como presidente de Partenalia, a asociación europea de gobernos provinciais, anunciando “a vocación de traballar conxuntamente coa Fundación Democracia e Goberno Local poñendo á súa disposición a sede de Partenalia en Bruxelas con obxectivo de valorizar o importante papel dos gobernos locais intermedios”, expresou Baltar.

Na xuntanza, aprobáronse as contas e a memoria de actividades de 2017, dando conta tamén dos eventos celebrados no que vai de 2018, “onde Ourense tivo xa un destacado protagonismo coa celebración da “VII Xornada sobre as deputacións do futuro, acto celebrado o pasado venres cunha temática máis que interesante e de plena actualidade: a comunicación política”, dixo o presidente Baltar.

Asemade, informouse de que continúan os preparativos para a 4ª Conferencia de Presidentes de Gobernos Provinciais, que terá lugar en Granada a mediados do mes de novembro, lembrando que foi Ourense quen ideou esta cita anual, celebrándose na nosa provincia a primeira edición. Ademais, o 11 de xullo prevese organizar en Huesca unha xornada sobre despoboamento, promovida polo seu goberno provincial e coa colaboración loxística da Fundación Democracia e Goberno Local. Finalmente, na xuntanza deuse conta das publicacións e grupos de traballo existentes para visibilizar o papel fundamental dos gobernos provinciais neste século XXI.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar