Gadisa renova o seu convenio de 15 anos co Centro de Divulgación Ambiental de Galicia

 

GADISA renovou o seu convenio de colaboración, que cumpre 15 anos, co Centro de Extensión Universitaria e Divulgación Ambiental de Galicia (CEIDA), nunha nova mostra do compromiso da compañía coa preservación do medioambiente, na véspera da celebración do Día Mundial adicado a esta causa. A firma plasmouse no Castelo de Santa Cruz (A Coruña), sede do CEIDA, dependente da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia, a Universidade da Coruña e o Concello de Oleiros.

GADISA e o CEIDA manteñen unha longa traxectoria de cooperación, asentada na crenza compartida de que é necesario levar a cabo, dende a infancia, un labor de educación e sensibilización, con espírito formativo, que fomente o respecto e coidado do medioambiente e a utilización racional dos recursos.

Esta tarefa divulgativa, que o CEIDA exerce como centro de referencia para a educación ambiental en Galicia, con programas dirixidos tanto á comunidade educativa como a outros colectivos, é igualmente un dos propósitos de GADISA a través de iniciativas dirixidas aos máis pequenos, que se enmarcan no seu plan de Responsabilidade Social Corporativa.

No transcurso destes anos de traballo conxunto, GADISA brindou o seu respaldo a preto de 100 actividades impulsadas polo CEIDA. Entre os distintos exemplos de esforzos coordinados cabe destacar a celebración das exposicións sobre o “Cambio climático” e as “Áreas mariñas protexidas”.

Ambas exposicións desenvolvéronse, durante un período de dúas semanas en diferentes localidades de Galicia. Concretamente, nos Gadis Hiper de Oleiros, Culleredo, Carballo, Riveira, Viveiro, Monforte, Lalín, Tui, Ourense e O Barco. Miles de clientes, no transcurso das súas compras, e grupos escolares en visitas guiadas puideron contemplar as mostras itinerantes, adicadas a ofrecer información e promover a concienciación social sobre algunhas das problemáticas ambientais.

O CEIDA tamén actúa como punto de encontro e coordinación entre diferentes administracións, colectivos e axentes; promove a formación e capacitación ambiental, mediante cursos, congresos e seminarios; leva a cabo un labor de cooperación internacional, ao compartir experiencias e recursos con outros territorios; e alberga un catálogo bibliográfico, único en Galicia, no Centro de Documentación Ambiental Domingo Quiroga, aberto a todos os interesados.

 

MELLORAS

 

A contribución de GADISA á preservación ambiental comeza na súa rede loxística, onde a optimización de rutas e cargas da súa frota, así como a implantación constante de melloras na sede central de Betanzos e a plataforma loxística de Medina del Campo, en Castela e León, diminúe o consumo de combustible e as emisións contaminantes. O investimento nesta segunda plataforma supuxo unha redución considerable na distancia de transporte aos supermercados e a pegada de CO2 asociada.

O centro loxístico de Medina del Campo está dotado de tecnoloxía punteira para o aproveitamento de enerxías limpas, como paneis termosolares e fotovoltaicos, así como sistemas de aproveitamento e tratamento de augas residuais, que se empregan na rega de zonas verdes. O obxectivo é integrar estas e outras melloras, como a adaptación do sistema de iluminación á tecnoloxía LED, nos centros e plataformas loxísticas.

O traballo con máis de 850 provedores locais contribúe igualmente a acurtar os traslados e minimizar o impacto no medioambiente. Por outra banda, Supermercados Gadis ofrece aos seus clientes más de 300 variedades de produtos ecolóxicos libres de conservantes e aditivos, procedentes de granxas e plantacións que cumpren con estritos estándares de sustentabilidade.

A reciclaxe é outro dos vectores ambientais nos que incide a compañía, cun incremento en todos os parámetros no último exercicio. No caso do plástico incrementouse ata as 776 toneladas; no cartón ascendeu a 6.904; e o de madeira (que desde o pasado exercicio inclúe os palés) elevouse a 228. O uso de caixas plásticas reutilizables mantense por encima dos 5 millóns anuais.

Recentemente os Supermercados Gadis implantaron un novo sistema de pesado nas seccións de froita e verdura co obxectivo de reducir o consumo de bolsas de plástico.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar