Teo:Os populares toman a iniciativa da planta de resíduos, agochada polo alcalde

Ante a pasividade do alcalde nacionalisga Rafael Sisto, os populares de Teo toman a iniciativa e presentan unha proposta para instar ao Concello a manter unha relación estable e coordinada coa Xunta respecto ao proxecto de Casalonga. Para o líder dos populares teenses resulta inconcibible que durante os oito meses que o alcalde tivo o proxecto gardado no caixón non se puxera en contacto unha soa vez coa Consellería de Medio Ambiente. 

Os populares do concello coruñés rexistrarán unha moción cun dobre propósito. En primeiro lugar, instar ao Concello a que abandone o partidismo con ese escenario de permanente confrontación coa Xunta; piden que inicie unha relación estable e coordinada para frear o proxecto da planta de residuos en Casalonga. Pola outra, forzar que o Executivo se persone, na súa condición de parte interesada, no procedemento aberto na Xunta para a tramitación administrativa citada.

Para o líder dos populares teenses,José Manuel Guerra, o feito de que o alcalde non establecera un contacto durante estes oito meses coa Xunta “é o resultado dun executivo que sempre preferiu a confrontación coa administración autonómica antes que traballar de forma coordinada con ela en prol da veciñanza”. Neste asunto de importancia vital para veciñas e veciños “hai que abandonar esa chiquillada política permanente de botarlle sempre a culpa de todo á Xunta e remar de forma estable e coordinada con ela na mesma dirección”.

Dende as filas populares tamén lamentan o abandono dun alcalde “en desbandada”, más preocupado polas liortas dentro do seu partido ca no Concello. Guerra recorda que “Ninguén quere esa planta de residuos en Casalonga e o alcalde non pode estar quedo, ten que traballar do lado da Xunta, non en contra, para conseguir o obxectivo que todos perseguimos. O alcalde abandoou as Mareas, mais lamento ter que recordarlle que non pode abandonar o Concello”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar