A Fundación Rosalía deu a coñecer aos gañadores do VI Concurso Escolar de Poesía

A Fundación Rosalía de Castro deu a coñecer os gañadores das tres categorías do VI Concurso Escolar de Poesía Rosalía de Castro para o alumnado de Secundaria e Bacharelato, logo da xuntanza do xurado. Os afortunados foron: Mario Vázquez (Vigo), Daniel Souto (Brión) e Fabián Niño (A Fonsagrada).

Esta mañá reuniuse o xurado, formado pola profesora Chus Senín, os escritores Manuel Lorenzo Baleirón e Anxo Angueira (tamén presidente da Fundación Rosalía), ademais de José Manuel Blanco, director de Comunicación e Relacións Externas de El Corte Inglés Galicia, que actuou como secretario.

Velaquí a listaxe completa de premiados e premiadas:

Categoría 1º ciclo da ESO

Gañador: Mario Vázquez, Colexio Andersen, Valadares, Vigo (“Flores de fume”)

1º áccesit: Ainhoa Pereiras, IES Manuel García Barros, A Estrada (“Quen sabe”)

2º áccesit: Marina Collazo Couñago, IES Pedro Floriani, Vilaboa (“Verdades”)

 

Categoría 2º ciclo da ESO

Gañador: Daniel Souto Pazó, IES Brión (“Multiversos”)

1º áccesit: Andrea Sanjurjo Martínez, IES Pobra do Caramiñal (“Tenebris”)

2º áccesit: Laura Domínguez, Colexio Alba, Vigo (“Os carreiros escuros”)

 

Categoría Bacharelato

Gañador: Fabián Niño, IES Fontán Albei, A Fonsagrada (“Pregravitación”)

1º áccesit: Isolda Comesaña, IES Alexandre Bóveda, Vigo (“De pé”)

2º áccesit: María Quinteiro Fagín, IES San Clemente, Negreira (“Decembro”)

En cada categoría hai un premio e dous áccesits: o primeiro premio leva un iPad, o primeiro áccesit unha tarxeta regalo por valor de 200 euros, e o segundo outra por valor de 100 euros.

Os premios serán entregados o venres día 8 de xuño na Casa-Museo de Rosalía en Padrón ás 19h, onde os premiados e premiadas recitarán os seus poemas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar