Membros do Congreso da Asociación Española de Dereito no Traballo, no Parlamento

 

Participantes no XXVIII Congreso Anual da Asociación Española de Dereito do Traballo e da Seguridade Social (AEDTSS) visitaron este mércores o Parlamento de Galicia, onde foron recibidos polo presidente da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, que estivo acompañado polos portavoces parlamentarios do PPdeG e do PSdeG-PSOE, Pedro Puy Fraga e Xaquín Fernández Leiceaga; pola deputada do Grupo Socialista Noela Blanco Rodríguez, e polo deputado de En Marea Manuel Lago Peñas.

O congreso inaugúrase mañá ás 09,00 h. na Facultade de Dereito da Universidade de Santiago de Compostela. A Asociación Española de Dereito do Traballo e da Seguridade Social (AEDTSS) está presidida por María Emilia Casas Baamonde, presidenta emérita do Tribunal Constitucional, que tamén participou na visita.de Dereito

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar