Seminario sobre proxectos de cooperación transfronteiriza

O director xeral de Relacións Exteriores e coa UE, Jesús Gamallo inaugurou na Escola Galega de Administración Pública o Seminario sobre Xestión de proxectos de cooperación transfronteiriza entre España e Portugal.

Jesús Gamallo lembrou na súa intervención que o programa de fondos europeos InterregV-A avala a 45 proxectos que están a ser executados na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal como resultado da 1ª convocatoria do INTERREG V-A (POCTEP), no que a Eurorexión Galicia- Norte de Portugal recibe máis de 90 millóns de euros, do que o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) achega o 75% de cofinanciación.

Gamallo tamén sinalou que a Eurorrexión Galicia Norte de Portugal continúa a ser a máis activa da fronteira hispano-lusa, tanto polo número de candidaturas presentadas como polo número de proxectos que se están a executar nesta primeira convocatoria en curso. Nestes proxectos están representadas todas as consellerías da Xunta de Galicia, así como a Administración do Estado, a Administración local, coas Deputacións da zona de fronteira, as Universidades, e outras institucións de cooperación transfronteiriza como organizacións empresariais e fundacións.

 

Os proxectos representan os 4 eixes prioritarios do programa que son o crecemento intelixente a través dunha cooperación transfronteiriza para o impulso da innovación; o crecemento integrador a través dunha cooperación transfronteiriza a favor da competitividade empresarial; o crecemento sostible ao través dunha cooperación transfronteiriza pola prevención de riscos e a mellora da xestión dos recursos naturais; e a mellora da capacidade institucional e a eficiencia da administración pública a través da cooperación transfronteiriza,

Estes eixes abarcan un amplo abano de temas, desde a xestión de residuos á nanotecnoloxía; desde soluciones tecnolóxicas dirixidas a incrementar la calidade dos sistemas sanitarios ao apoio e mantemento das persoas maiores no entorno rural; desde a internacionalización das empresas da Eurorrexión á cooperación institucional; desde a xestión conxunta en materia de emerxencias á mellora do hábitat para os peces migradores; e desde o dominio do mar e o turismo náutico á conservación da Reserva da Biosfera transfronteiriza.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar