Ourense en Beijing

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez Abad, vén de participar nun encontro institucional co vicealcalde de Beijing, Yin Hejun. Nesta reunión de traballo, os membros da delegación española participante no International Mayor´s Forum on Tourism, departiron co mandatario chinés sobre as particularidade da xestión dun municipio con 21,7 millóns de habitantes.

A xornada de traballo, que culminou coa cerimonia de inauguración do International Mayor´s Forum on Tourism no Zhengzhou International Convention & Exhibition Center -onde terá lugar a presentación de Ourense como cidade convidada a expoñer o seu potencial turístico-, estivo marcada polas novas tecnoloxías, as smart cities e as enerxías renovables, cunha reunión con responsables de Huawei, empresa tecnolóxica punteira a nivel mundial. “No encontro puxemos de manifesto que unha pequena cidade de 106.000 habitantes pode ser punteira en innovación, con empresas emerxentes no eido das novas tecnoloxías, e sobre todo un exemplo internacional no que é o aproveitamento das enerxías renovables, como é o caso da xeotermia e o proxecto que a situará como referente mundial: e Ecobarrio de A Ponte”, sinalou o alcalde, Jesús Vázquez.

De feito, para analizar as potencialidades e posibles lazos comerciais co xigante asiático, o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez e os membros da delegación española mantiveron un encontro de traballo co agregado comercial da Embaixada de España en China, Arturo Lanz.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar