O Intecmar expón en Belfast o traballo no proxecto europeo “Alertox Net”

A directora do Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar), Covadonga Salgado, e persoal do centro participou esta semana na segunda reunión do proxecto europeo Alertox-net, do que Intecmar é socio. Este proxecto ten como obxectivo avanzar no desenvolvemento dunha rede de advertencia de toxinas mariñas que aumente a seguridade do consumidor e establecer un posible indicador dos riscos relacionados co cambio climático. Durante a xuntanza, Covadonga Salgado, explicou o labor que leva desenvolvido o Intecmar no marco do proxecto, que consistiu no envío e recepción de mostras que van ensaiar todos os socios, entre outros aspectos.

Este programa conta con tres millóns de euros de financiamento europeo a través do mecanismo de financiamento Interreg Atlantic Area e terá unha duración de tres anos. O seu consorcio internacional está liderado polo grupo de investigación Farmatox da Facultade Facultade de Ciencias Veterinarias da Universidade de Santiago de Compostela, do Campus de Lugo. Del, ademais do Intecmar, forman parte o Instituto Mariño de Galway, a Universidade Nacional de Irlanda, en Galway; a Universidade de Queens, de Belfast; o CEFAS, do Reino Unido; o Centro de Enerxía Atómica de París, o Ifremer, de Nantes;   o CIIMAR, da Universidade de Porto, a Fundación AZTI, de Bilbao e do Consello Regulador do Mexillón de Galicia.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar