Ana Ponton confía en que as eleccións municipais supoñan o “deloxo do PP”

A oceira do BNG, Ana Pontón iniciou a súa comparecencia ante os medios de comunicación cunha lembranza  das vítimas da terrible explosión pirotécnica en Tui que  deixou un balance tráxico. Desde o BNG, dixo Pontón,  “xa reclamamos axudas para as familias que perderon as súas vivendas, reclamamos tamén que se investigue a fondo para determinar que fallou e poñer en marcha medidas e controis que impidan que volva suceder nada parecido”.

Pontón volveu a transmitir a solidariedade, apoio e afecto do BNG a todas as persoas afectadas pola explosión que foi seguido dun sonoro  aplauso por parte de todos os membros do Concello Nacional.

A nacionalista explicou que apenas pasaron dous meses desde a celebración do último Consello, pero apuntou que a  intensidade informativa altera a percepción temporal, resumindo en tres titulares a cascada de acontecementos que estamos a vivir. En primeiro lugar afirmou,  “o Estado español segue enrocado na represión e nunha deriva reaccionaria e involutiva sen precedentes que se plasma na insistente aplicación inconstitucional do artigo 155 e todo indica que esta deriva vai máis alá de Catalunya e nos afecta a todas as nacións sen estado”. Estamos ante un Estado español “tirado ao monte” que mesmo foi deslexitimado pola xustiza alemá e belga, empeñado en criminalizar calquera discrepancia que cuestione o  réxime falido  e fracasado do ANO 1978.

 

O PP, “CONDENADO POR CORRUPCIÓN”

 

Engadíu que o PP “xaa é oficialmente o primeiro partido de Europa condenado por corrupción, un fito que si viviramos nunha verdadeira democracia tería provocado a dimisión inmediata de todo o Goberno e do  Partido popular”. Rajoy empeñase en minimizar o problema declarando que estamos “ante mazás podres, pois ben, nós dicimos que “o que está podre é o cesto completo”

A sentenza do caso Gürtell confirma, recalcou Pontón, que había caixa B, que se cobraban sobresoldos en negro  e que a formación que sostén o Goberno, tiña montado “un auténtico e eficaz sistema de corrupción institucional”.

Quedou claro que “o PP é unha organización corrupta que alterou a libre competencia na adxudicación de contratos, que provocou sobre custes de millóns de euros nas obras públicas, que xogou con vantaxe nas eleccións dopado con diñeiro negro. E detrás dese “latrocinio”, detrás desa “corrupción sistémica”, detrás dese “vantaxismo electoral”, están os recortes que provocaron tanto  sufrimento a millóns de persoas.

“Dalgunha  maneira había que equilibrar as contas públicas. E  o que roubaban por un lado en cobro de comisións, nas mordidas na adxudicación de obras, nos contratos a amiguetes e ás empresas financiadoras do PP, compensábase  a base de recortar, recortar e recortar”,  afirmou Pontón.

O caso Gürtell, manifestou a nacionalista,  naceu en Galiciaa. Non esquezamos que un dos seus principais actores foi o ex responsable de organización do PPdeG, Pablo Crespo, man dereita de Fraga e que  Feijóo mantivo no consello de administración de Portos do Galicia. “Ese mesmo Pablo Crespo que en 2013 declaraba nun programa televisivo de máxima audiencia que o 65% do diñeiro das campañas do PP en Galiza era en negro”. Pontón anunciou que o BNG xa solicitou “a  comparecencia  de Feijóo no Parlamento, nun pleno extraordinario e urxente  para que explique a trama galega da Gürtell,  se pronuncie sobre a continuidade de Raxoi,  e dea a cara ante a corrupción do seu partido”.

O  terceiro titular, dixo a portavoz do BNG,  refírese a “Feijóo que  sigue instalado na súa subordinación a Rajoy, sen importarlle o prezo que a súa irrelevancia política ten para Galicia”.

O Estado fixo investimentos millonarios na construción e ampliación dos portos de Xixón, Bilbao, Valencia ou Barcelona, -por valor de 5.000 millóns de euros-, pero chega a Galicia e di que para financiar Punta Langosteira hai que vender os terreos do porto.

 

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar