Teo:Guerra manifesta o seu “apoio” á veciñanza de Calo ante a planta de reciclaxe

O grupo popular maniféstase categoricamente do lado da veciñanza. José Manuel Guerra visitou a zona da canteira cun grupo de veciños e concelleiros declarando o seu “apoio rotundo, sen fisuras e incontestable” á veciñanza de Calo. Rafael Sisto, pola contra, opta unha vez máis polo escurantismo e a falta de información aos partidos da oposición ao convocar a xunta de portavoces con meses de retraso e semana e media despois de facer o anuncio do proxecto da planta de reciclaxe.

O líder do voceiro dos populares teenses deu unha mensaxe inequívoca: “Nós estamos do lado da veciñanza, e para poder defendela necesitamos a máxima información, que o alcalde tivo oculta durante medio ano. Queremos manifestar un apoio rotundo á veciñanza e dende logo estaremos do seu lado para poder axudalos no que se necesite dende o lugar que ocupamos”.

José Manuel Guerra non admite a utilización política que fixo o bipartito dende o primeiro momento co modus operandi de sempre, botando a culpa á Xunta. Recórdalle ao alcalde que “nun asunto de tal magnitude e sensibilidade non se pode aceptar o máis mínimo uso partidista. Señor Sisto, primeiro os veciños”.

Para os populares teenses a “mesquindade” coa que está a actuar o máximo mandatario teense é inaceptable ao comportarse dunha forma “partidista e electoralista”. O principal grupo da oposición considera “intolerable democráticamente” que o alcalde “leve medio ano co proxecto no seu caixón e decida informar do mesmo días despois de que as Mareas de Podemos abriran a precampaña electoral”. Os populares aprezan un claro interese en politizar a cuestión “cando o interese xeral da veciñanza debería estar moi por riba das cores políticas”.

Os populares denunciaban o pasado sábado que con data de rexistro do 14 de decembro entraba no Concello de Teo o proxecto da planta de reciclaxe de Casalonga. Ante unha actuación de tamaño calado coas repercusións que pode ter para a cidadanía, a Alcaldía tiña que ter posto “luz e taquígrafos” ao respecto e ter informado á veciñanza e grupos de oposición dende o primeiro momento.

Sen embargo, no canto de ser así, Sisto actuou de forma oposta ao que manda un trámite destas características e os parámetros mínimos da transparencia ao non dar un solo detalle nin nos plenos celebrados nin convocando unha xunta de portavoces. Presionado pola oposición, o Alcalde convocou a xunta de portavoces para mañá xoves, con meses de retraso e semana e media despois de lanzar a noticia

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar