2.701 adhesións á petición da Medalla Castelao para Xesús Mato

 O xornallista lucense Xulio Xiz, con Xesús Mato.

Aínda que se deu por pechada a recollida de adhesións á petición da Medalla Castelao para Xesús Mato, estes últimos días seguiron recibíndose adhesións, en número de 163, totalizando neste momento 2.701 as recibidas, que o Concello de Paradela fará chegar á Vicepresidencia da Xunta de Galicia.

Destas adhesións, 239 corresponden a Institucións, asociacións ou empresas, sendo as últimas recibidas de Cáritas Parroquial de Guitiriz, Asociación Cultural Val de Láncara, Asociación de Veciños de San Cosme de Nete (Vilalba), Ceip Rosalía de Castro de Lugo, e os concellos de Viveiro e Pedrafita do Cebreiro.

Xesús Mato, que se define como “cura da aldea”, é unha persoa menos coñecida para o gran público do que debera. Esta é a sua traxectoria:
  • Fundador e primeiro coordinador entre 1970 e 1977 de Auxilia-Lugo.
  • Co-fundador do grupo “ Fuxan vos ventos” en 1972 e de “Galicia canta ó Neno”.
  • Creador da primeira Cáritas interparroquial de Lugo.
  • Fundador e primeiro director de 1959 a 1964 de Radio Popular de Lalín.
  • Ademais diso, foi fundador e primeiro director de 1958 a 1967 da Polifonía de Lalín, os coros dos Colexios Menores Santísimo Sacramento e Eijo e Garay.
  • Colabora con varias publicacións (entre elas o diario lucense O Progreso) e é habitual de conferencias e faladoiros.
  • Nos anos 80 foi un dinamizador cultural contra a droga.
  • Foi nomeado Lucense do ano en 1991 e Premio Moncho Valcarce en 1998, ademais de recibir premios como o de Cultura Tradicional de María Castaña ou o Premio de Xornalismo sobre o Nadal de Begonte en 2009.
  • Autor dos libros “Galicia canta ó Neno” e “Por un Lugo sen barreiras” (#fixar en que reflicten as súas inquietudes) prepara outro titulado “Á beira do Camiño”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar