Vedra:A Xunta plantexa un itinerario peonil e ciclista

O delegado territorial da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro visitou o lugar no que se construirá un itinerario peonil na marxe esquerda da estrada autonómica que discorre entre os concellos de Vedra e Teo.

Neste senso, informou que o Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o anuncio polo que se somete a información pública o proxecto para a construción dun itinerario peonil e ciclista na estrada AC-241, no concello de Vedra, no treito que comunica os lugares de Rozadela e San Gregorio .

O delegado territorial apuntou que se realizará unha inversión de preto de 415.000 euros, e que o proxecto define a construción dunha senda na marxe esquerda da estrada AC-241, que discorre entre os concellos de Vedra e Teo. O trazado comeza en Rozadela (P.Q. 2+540) e remata en San Gregorio (P.Q. 3+490).

O DOG tamén inclúe a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados por este proxecto, podendo consultarse a información relativa ao anuncio no seguinte enlace: https://bit.ly/2wUdKpG

Ovidio Rodeiro sinalou que coa “construción deste novo itinerario peonil e ciclista a Consellería de Infraestruturas e Vivenda persegue fomentar a mobilidade alternativa e, por tanto, alcanzar unha diminución do tráfico rodado motorizado que actualmente existe entre os lugares de Rozadela e San Gregorio, ambos lugares na parroquia de San Mamede de Ribadulla, no Concello de Vedra”.

Ademais, engadiu, “coa implantación do resto de itinerarios da zona, a nova actuación da consellería redunda na mellora a seguridade viaria neste treito da estrada AC-241”.

O itinerario está enmarcado no Plan de sendas de Galicia, que a Consellería de Infraestruturas e Vivenda está desenvolver na comarca de Santiago, sumando 14,6 novos quilómetros nos concellos da comarca.

Estas obras serán cofinanciadas con fondos Feder do programa operativo 2014-2020

Información pública
De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de Estradas de Galicia, o proxecto de construción sométese ao trámite de información pública, durante 30 días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG, para que se poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, observacións relativas ao trazado deseñado.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar