Cortes parciais para a reposición de pintura na variante das Galanas, N-550

 A Autovía AG-56, Santiago-Brión, incluído a variante de poboación As Galanas (N-550) – Pardiñas (AG-56) rexistrará cortes parciais para acometer os traballos de reposición de pintura, a partir do vindeiro luns, 21 de maio.

Estas actuacións responden á programación da renovación da sinalización horizontal da autovía, que se realiza cada dous anos, e á necesidade de pintar os treitos sobre os que se realizaron traballos recentes de reforzo do firme.

Os cortes nos carrís serán alternativos para minimizar a influencia na circulación do tráfico, e se fará o posible para que a duración dos mesmos sexa a menor posible.

Concretamente, os cortes alternativos programados se desenvolverán de acordo co seguinte cronograma:

  • O luns 21 se actuará entre o punto quilómetrico 0+000 e 3+000, desde as 9:30 e as 20:00 horas
  • O mércores 23 as actuacións executaranse entre o Pq 3+000 e o 6+000 de 9:00 a 12:00 e de 13:00 ás 20:00 horas
  • O xoves 24, os traballos realizaranse entre os Pq 6+000 e o 9+000 de 9:00 a 12:00 e de 13:00 ás 20:00 horas
  • Finalmente, o venres 25, as actuacións serán desde o Pq. 9+000 ata ao 12+580, de 08:30 a 13:00 horas.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar