Un incendio nun trasteiro obriga a evacuar un edificio en Vigo

Un edificio composto de catro plantas foi desaloxado ao declararse un incendio nun trasteiro. Ocorreu nun inmoble situado na Rúa Casiano Martínez, en Vigo, en horas da madrugada, cando o fume provocado polo incendio chamou a atención dun veciño que contactou inmediantamente co 112 Galicia.

Tras a chamada de alerta, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia avisaron aos efectivos do parque de bombeiros da cidade, que estiveron traballando na extinción do lume. Segundo indicaron, as lapas arrasaron por completo o trasteiro e chegaron a afectar ao tellado do edificio e ás portas doutro trasteiro lindeiro.

Ademais, mentres duraron as tarefas de extinción do incendio, os veciños do inmoble foron desaloxados sen que se produciran danos persoais. Igualmente, por precaución, os xestores do 112 Galicia solicitaron a colaboración dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias e dos axentes da Policía Local.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar