Tremor de terra de magnitude 3,2 con epicentro en Ponte Caldelas

O Instituto Xeográfico Nacional rexistrou un movemento sísmico de magnitude 3,2 na escala de Ritchter con epicentro en Ponte Caldelas, que foi percibido pola poboación, aínda que sen causar danos.

Tras procudirse o tremor, o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia recibiu chamadas de veciños da propia vila pontevedresa e da parroquia de Salcedo, que aseguraron sentir como se movía o chan sen que se chegasen a producir danos persoais nin materiais.

Así, postos en comunicación co Instituto Xeográfico Nacional, o persoal do CIAE 112 Galicia confirmou un movemento sísmico con epicentro en Ponte Caldelas a unha profundidade de 17 quilómetros.

Tras os primeiros fenómenos, detectaronse outros catro movementos sísmicos do mesmo valor, sen problemas nas persoas nen nas casas.

Los sismólogos cuantificaron xa numerosos movimientos na zona en pasados meses e algún especialista valora a posibilidad de que existe unha falla non detectada polo de agora polo seguimento que fan os aparellos da intensidade e duración dos movementos sísmicos.

 

 

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar