Dous ciclistas feridos ao ser alcanzados por un turismo en Carnota

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron a dous ciclistas atropelados por un turismo cando se desprazaban pola AC-550, ao paso pola localidade coruñesa de Carnota.

Segundo os datos facilitados ao 112 Galicia, o accidente produciuse como consecuencia do impacto e ambos os dous ciclistas necesitaron asistencia médica, aínda que o seu estado non revestía gravidade.

Foi un particular quen informou ao 112 Galicia do sucedido, polo que, decontado, os xestores do CIAE 112 solicitaron a intervención dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias e dos axentes de seguridade da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar