A Fundación Amigos de Galicia outorga o XXXI Grelo de Ouro a Luz Casal

 

A Fundación Amigos de Galicia deu a coñecer con motivo da celebración das Letras Galegas, a personalidade galardoada este ano  co XXXI Grelo de Ouro, un premio convocado anualmente pola entidade que se institúe para nomear a aquelas personalidades ou entidades que contribúen ao engrandecemento de Galicia.

O Premio recaerá este ano na cantante galega Luz Casal, tendo en conta o Xurado do Premio:

A promoción e difusión que está facendo de Galicia, a súa solidariedade a través da organización do Festival da Luz, a súa traxectoria profesional a nivel nacional e internacional, e o exemplo que supuxo para a sociedade na loita contra o cancro.

Entrega do Premio

O Premio será entregado a LUZ CASAL no Paraninfo da Facultade de Historia da USC. A data está pendente de concretar.

Traxectoria profesional

A experiencia profesional da galega acumula 36 anos transcorridos dende o seu primeiro lanzamento.

Tras os seus éxitos en España, logrou a fama internacional, especialmente en Francia, sobre todo tras incluírse dous dos seus temas na película Tacones Lejanos, de Pedro Almodóvar. As ventas dos seus discos ascenden a máis de 5 millóns.

En Francia avalan a traxectoria internacional da cantante, tamén laureada pola crítica máis exixente. Luz recibiu a Medalla das Artes e as Letras de Francia, e días atrás, a Medalla de Ouro da cidade de París.

O éxito en Francia corroborouse con un cheo absoluto no concerto que Luz ofreceu no teatro Olympia de París.

No mes de marzo de este ano lanzou o seu novo traballo, Que corra o aire, co que suma xa 15 albumes de cancións orixinais.

Engrandecemento de Galicia

A Fundación Amigos de Galicia premiou este ano á cantante galega “pola súa perseveranza e determinación na súa carreira profesional e persoal salientando a defensa e o bo nome dos intereses de Galicia”.

Luz Casal, filla única de José Casal e Matilde Paz, naceu no pequeno municipio galego de Boimorto, na provincia de A Coruña, o 11 de novembro de 1958.

Concretamente naceu na parroquia de Andabao, e aínda que contaba con escasos meses de vida cando os seus pais trasladaron a súa residencia a Asturias, en Boimorto e en Galicia ninguén se esquece que a galega nunca renegou das súas orixes. Nun concerto no Teatro Real, alguén gritoulle unha vez “es un exemplo”, ao que ela contestou “ son unha muller de aldea”.

En moitas entrevistas de xornais, revistas, televisións, etc. a nivel nacional e internacional Luz fai referencia aos seus orixes, a Galicia, contribuíndo deste xeito á promoción e difusión da comunidade e engradecendo o seu prestixio.

No ano 2010, Luz Casal, era distinguida coa Medalla Castelao, un recoñecemento que distingue a obra artística, literaria, intelectual ou de calquera outro tipo de personalidade galega distinguida.

No seu discurso de agradecemento, Luz dicía estas palabras_ “aproveito a oportunidade para expresar de maneira breve pero intensa o meu amor por Glaicia. Ata o día de hoxe, o meu cariño basease na memoria dos meus maiores e na inocencia que sempre mirei nas súas paisaxes”.

Cabe destacar ademais, a integración da cultura galega na súa vida profesional, como así reflicte coa coñecida versión Negra Sombra xunto a Carlos Núñez, de Rosalía de Castro.

Nun concerto debutado no Instituto Cervantes de Xapón en 2017, a galega quixo facer un guiño a Rosalía de Castro no 180 aniversario da súa morte e dedicándolle “Negra Sombra”, canción baseada no seu poema, que segundo afirma Luz Casal, “representa o alma galega”.

Festival da  Luz – Boimorto (A Coruña)

O engrandecemento de Galicia, e concreto da súa aldea natal, non solo o demostrou traspasando fronteiras, xa que a galega puxo en marcha dende o ano 2012, en colaboración co concello de Boimorto, o Festival da Luz, que se celebra no mes de setembro.

Un proxecto do que, asegura, síntese “moi orgullosa” pola súa capacidade para xerar recursos de maneira sostible nunha zona rural galega. Un festival entre milleiras, nubes e claros que naceu un día con boas intencións para Boimorto e hoxe en día converteuse nun festival de referencia.

Un evento novo con artistas de renome, un evento social – en palabras da propia Luz Casal, “algo parecido a unha romaría galega” – un evento que demostra a viabilidade dun espectáculo de tal envergadura nun entorno rural,e sobre todo, un evento comprometido coas causas solidarias. Ademais, para Luz Casal, o feito de que a artesanía e a gastronomía estean presentes no festival, é unha maneira de ensalzar a cultura galega.

Exemplo de superación

Por desgraza, en 2007 convertiuse noutro tipo de referente. Á cantante galega detectáronlle un cancro por primeira vez no ano 2007; e un segundo en 2010. A pesar do duro golpe que isto supuxo para ela, nunca tivo ningún problema en falar da súa enfermidade“He pasado dos periodos de cáncer y sus consecuencias, y lo he manejado sin drama, sin caer nunca en el lamento. Yo seguí activa. No tenía fuerzas para actuar en vivo, pero sí para trabajar en el estudio o en casa. Y, por lo que sea, a mucha gente eso le inspira: “Si esta puede, yo también”.

A pesar de que non lle gusta que a convertan nunha abandeirada, a súa actitude ante a loita contra o cancro inspirou a mulleres e homes. Con un carácter que lle axudou moito, a medicina, e a música sempre ó seu lado, a galega asegurou  en numerosas ocasiones que o mellor é “poñer da túa parte, non irte á esquina e darte por vencida á primeira de cambio”.

Non se sinte nin “icono ni heroína”, “Recuperarse del cáncer no depende sólo del coraje, eso es una manera casi frívola de enfrentarse a un problema tan gordo como el de la enfermedad”.

Distincións

Entre as distincións ao seu traballo e á súa traxectoria vital, Fundación Amigos de Galicia resaltou:

Historia do “Grelo de Ouro”

Grelo de Ouro nace no ano 1987, ano no que nace a Fundación Amigos de Galicia, en aquel momento co nome de Asociación Gastronómica e Cultural O Grelo.

Convocado anualmente pola Fundación Amigos de Galicia, este recoñecemento pretende premiar a aquelas persoas ou entidades que traballan ou traballaron pola sociedade galega e por colocar á  Comunidade Autónoma nun lugar no mapa.

Os premiados dos últimos dous anos foron:

2016-Dr. Miguel Enrique Cabanela González-Seco

(Jefe de Cirugía Reconstructiva en la Clínica Mayo en EEUU)

2017-ONCOMET

(Grupo de Oncoloxía Médica Traslacional – Santiago de Compostela)

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar