Festival “Arte pola igualdade” na Coruña

 

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e mais o delegado territorial Ovidio Rodeiro presentaron  en rolda de prensa o VII Festival Arte pola Igualdade, unha actividade coa que o CEIP Eusebio da Guarda, o Centro de Educación Especial (CEE) Nosa Señora do Rosario e Conservatorio de Música da Coruña (CMUS) se suman á conmemoración das Letras Galegas 2018 no marco da programación institucional da Xunta e baixo a coordinación dos Equipos de Dinamización da Lingua Galega (EDLG). A cita é mañá, xoves, ás 19:00 horas, con entrada libre e de balde que se pode retirar no despacho de billetes do Teatro Colón da Coruña, espazo no que se vai celebrar.

Valentín García animou “a toda cidadanía a asistir a esta actividade que conxuga creatividade, sensibilidade e integración coas nosas letras e homenaxea a María Victoria Moreno”.

O secretario xeral e o delegado territorial estiveron acompañados polo xefe territorial da Consellería de Cultura e Educación, Indalecio Cabana; e mais polos tres directores dos centros promotores da iniciativa, Juan Manuel Millares, do CEIP Eusebio da Guarda; Noelia López, do CEE María Mariño; e Jesús López, do CMUS.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar