Chegan a Ourense as “Piernetas”, do pintor cordobés Maec

“Piernetas” é o título da exposición que o pintor e arquitecto cordobés Antonio Mariscal (Maec) inaugurada  no centro cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación e que poderá visitarse ata o día 27 de maio. A obra forma parte dunha serie inspirada no xesto coñecido popularmente como “peineta” e que ten a súa orixe nun debuxo erótico realizado hai anos polo autor no que a perna da muller suxeríulle unha “peineta” e ao incorporarlle o ollo, “pareceu cobrar vida”.

Maec sinala que con esta exposición tenta “facer reflexionar sobre as paixóns humanas, esas que arruínan o mundo, como a envexa, a cobiza ou a hipocrisía, entre outras”. O artista emprega na exposición materiais pouco habituais como cartón, papel craft ou porexpan, aos que tenta darlles un valor artístico.

Á inauguración, ademais do artista asistiu o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández, quen salientou “o lugar de oportunidades que supón para os creadores o centro cultural “Marcos Valcárcel” promovido e xestionado pola Deputación”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar