TVG:O psicólogo Xosé Manuel Recouso alerta alerta dos graves perigos da ludopatía

Entrevista íntegra na TVG

O programa Bos Días da Televisión de Galicia recibiu hoxe a Xosé Manuel Recouso, psicólogo da Asociación AGALURE. A entrevista con Marcos Sueiro, redactor xefe da TVG, xirou arredor da ludopatía nos menores, nun contexto no que as apostas deportivas están en auxe e se anuncian por todos os soportes. O psicólogo ofreceu datos, sinalando que “un 40 por cento dos menores xa realizaran apostas, o que é unha verdadeira salvaxada” e salientando que esto é completamente ilegal “non hai ningún tipo de control, é unha queixa constante”. O psicólogo destacou que non se podía facer nada contra a proliferación destes negocios, posto que era unha actividade legal.

Recouso explicou que esta é “unha actividade normalizada e socialmente aceptada” pero “cómpre ter tolerancia cero” polos seus riscos. Ademais, a sinxeleza para apostar acentúa a gravidade do problema, xa que se pode apostar dende o móbil, sen acudir a un salón de xogo, e nas webs dos dous periódicos deportivos máis lidos de España pódese apostar de xeito instantáneo. O psicólogo explicou que a ludopatía pode xerar pequenos furtos para obter diñeiro e mesmo illamento familiar.

Entre as medidas para loitar contra esta situación, Recouso mencionou a importancia do control familiar e da labor de concienciación nos centros de ensino.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar