TVG: O Decano do Colexio de Avogados de Santiago analiza a nova Lei de Desafiuzamentos

A entrevista da TVG, AQUÍ  

O programa Bos Días da Televisión de Galicia recibiu hoxe a Francisco Rabuñal, decano do Colexio de Avogados de Santiago de Compostela A entrevista con Marcos Sueiro, redactor xefe da TVG, xirou arredor da nova lei de desafiuzamentos que está en trámite no Congreso. O avogado explicou que a principal novidade sería “axilizar os prazos e dar unha resposta rápida aos cidadáns para que consigan de novo a posesión da súa casa”. Rabuñal sinalou que a proposta se enmarcaba na lei de axuizamento civil, “moi garantista no noso país, non hai unha resposta real”.

O avogado sinalou que o obxectivo desta lei, que se agarda que entre en vigor antes do verán, é acelerar os prazos e procesos para as persoas que teñen ocupadas as súas vivendas. Deste xeito, afirmou que ca nova lei os xuíces “tardarían entre 15 e 20 días en emitir unha sentenza”. Esta nova lei exprés tería tamén as súas excepcións, posto que non podería aplicarse “en persoas que non poden afrontar o pago do alugueiro ou hipoteca” ou en vivendas propiedade de entidades bancarias e fondos voitre. De feito, Rabuñal explicou que o obxectivo principal era “loitar contra as mafias da vivenda” que operan extorsionando os propietarios. Sinalou o avogado que en España existían máis de 100.000 vivendas ocupadas, e que “en Galicia o fenómeno non é tan habitual”.

Rabuñal referiuse tamén á folga da xustiza, cualificándoa como “a maior crise xudicial nos últimos 30 ou 40 anos” e explicou que estes 3 meses provocaron  atrasos en todas as actuacións, que recuperalas vai ser moi complicado. Por último, sinalou e que os propios traballadores “están fartos da folga”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar