A Coruña: En marcha o plan de entrada dos autobuses interurbanos

 A Xunta de Galicia pon en marcha a terceira fase do Plan de entrada dos autobuses interurbanos ao centro da Coruña. Deste xeito, os usuarios das 6 liñas procedentes de concellos do corredor centro poderán realizar xa paradas no núcleo da cidade e non só na estación de autobuses, reducindo os tempos de viaxe e sen necesidade de realizar transbordos para chegar ao seu destino.

Na xuntanza da comisión de seguimento do Plan, celebrada o pasado 10 de abril, a Xunta de Galicia propuxo ao Concello da Coruña a unificación da entrada das 14 liñas que faltan por incorporar ao Plan, recibindo a resposta negativa do mesmo, a pesar do éxito da implantación desta iniciativa e a nula incidencia no tráfico. Como consecuencia desta negativa do Goberno municipal, a Xunta axiliza agora a entrada da terceira fase do Plan, mentres que a cuarta, e última, non poderá ser activada antes de finais do vindeiro mes de maio.

A entrada en funcionamento da terceira fase do Plan de acceso dos autobuses ao centro da Coruña está integrada por 6 liñas, das cales catro xa veñen accedendo e realizando paradas no núcleo urbano antes das nove da mañá.

Na cuarta e última fase do plan incluiránse as seguintes liñas:

NOME

EXPEDICIÓNS

A CORUÑA-CARRAL-SANTA MARÍA DE VIGO-LEMA

13

A CORUÑA-CARRAL-BARCIA-HORTA DO CONDE

4

A CORUÐA-VILABOA-CULLEREDO-ORRO-LEDOÐO-PEIRO-CELAS-CASTELO

3

A CORUÑA-VILABOA-CULLEREDO-LEDOÑO-PEIRO

3

A CORUÑA-VILABOA-CULLEREDO-LEDOÐO-BOEDO-BREGUA-PEIRO

2

A CORUÑA-EIRÍS-VILABOA-LIDARES-CULLEREDO-CASAL-CERCEDA-A SILVA-SANTACOMBA

2

 

NOME

EXPEDICIÓNS

A CORUÑA – FERROL POR BETANZOS, A GALLADA E AS PÍAS

3

A CORUÑA – OURENSE POR PARROQUIAS ATA MELIDE

2

A CORUÑA – BETANZOS

21

A CORUÑA – SOBRADO DOS MONXES – FRIOL POR FERVENZAS E TORRELAVANDEIRA

1

A CORUÑA – SOBRADO DOS MONXES – FRIOL POR MONTESALGUEIRO E CASTELLANA

1

OURENSE – A CORUÑA POR MELIDE

1

A CORUÑA – BETANZOS POR A9

2

A CORUÑA-ORDES-SANTIAGO-NOIA-PONTE NAFONSO-MUROS

8

O Plan de entrada dos autobuses interurbanos ao centro da Coruña é unha iniciativa da Xunta de Galicia que ten por obxectivo responder a unha demanda dos veciños da comarca, incentivando ao mesmo tempo o fomento do uso do transporte público, para reducir a contaminación e contribuír á fluidez de tráfico.

A primeira fase implantouse o pasado mes de novembro, favorecendo o acceso dos autobuses ao centro da Coruña dun total de 12 liñas de autobús dos corredores leste e centro. E a segunda, que entrou en funcionamento no mes de xaneiro, propiciou o acceso de 17 liñas procedentes, na súa maioría, do corredor oeste.

Os datos dos cinco primeiros meses de funcionamento das dúas primeiras fases acreditan un incremento do uso do autobús interurbano, con máis de 300.000 usuarios das liñas que acceden ao centro. A iniciativa, que responde a unha demanda dos veciños da comarca, fomenta o uso do transporte público e reforza o papel da cidade como centro de actividade económica, comercial e social.

A entrada dos autobuses ao centro enmárcase no Plan de transporte metropolitano da Xunta de Galicia na Coruña, renovado este mes de abril co acordo unánime de todos os concellos e cunha achega autonómica de 3,8 millóns de euros para 2019.

No seguinte enlace pódese consultar todos os horarios e liñas de entrada dos autobuses interubanos ao centro da Coruña: https://bit.ly/2I1PUKE

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar