TVG:A presidenta do PP de Lugo cualifica a situación da Deputación de “circo ou telenovela”

Entrevista íntegra, AQUÍ

Elena Candia, presidenta do Partido Popular de Lugo e alcaldesa de Mondoñedo, estivo esta mañá no programa Bos Días da Televisión de Galicia. Na entrevista con Marcos Sueiro valorou a crise que está a vivir o PSOE lucense tras a expulsión de Manuel Martínez e a situación da deputación. En primeiro lugar Candia sinalou que os socialistas lucenses “nunca tiveron entendemento, só para a moción de censura” e que “viven nunha crise de partido eterna”. Aínda que recoñeceu que os problemas internos poden existir en calquera partido, manifestou que “non ían consentir que se trasladen a deputación ou outras institucións. De feito cualificou de “indigna e propia dun circo” a situación actual, queixándose de que por mor dos seus problemas internos, “tres residencias seguen sen abrir pese a estaren preparadas e investir nelas máis de 12 millóns de euros”.

A presidenta do PP lucense remarcou que “os problemas do PSOE son propios” e non causados polo Partido Popular, e manifestou que a intención do seu partido só consistía en “lograr a normalidade” para o que facilitaron os orzamentos nos últimos tres anos. Sobre a expulsión de Manuel Martínez e as acusacións de “intereses económicos detrás das residencias”, Candia declarou que non ten información ou probas sobre o tema. Tamén quixo desmentir o suposto achegamento entre Martínez e o Partido Popular, sinalando que “o seu voto na liña do PSOE foi innecesario pola abstención do BNG”:

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar