Ourense:Escolares do Colexio “Padre Feijóo”, recibidos no Concello

A concelleira de Educación, Belén Iglesias, recibiu no salón de plenos do Concello a escolares e profesoras do colexio Padre Feijóo, de Ourense que este ano se suman ao proxecto “Musiqueando”, unha convocatoria nacional de concertos escolares na rúa que organiza COAEM, Confederación de Asociaciones de Educación Musical.

Co lema Musiqueando 2018 – #nosimportalamúsica desenvólvese  simultáneamente en toda España ao longo do día coa finalidade de celebrar un día de festa pola música escolar e compartilo con toda a sociedade.

Un coro formando por case trinta nenos e nenas co colexio Padre Feijóo trasladaron a celebración ao salón de plenos, interpretando tres fermosas cancións coas que contaxiaron e compartiron a súa paixón pola música.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar