“Arte en portada” recolle, no Centro Cultural “Marcos Valcárcel”, unha escolma de vinilos de grandes artistas

“Arte en Portada” é unha exposición aberta no Centro Cultural “Marcos Valcárcel” da Deputación de Ourense na que se recollen preto de 2.000 portadas de vinilos realizadas por grandes artistas e na que retrata a importancia das artes visuais na industria musical española a través das portadas de discos.

A mostra, comisariada por Paco Clavel e Juan Sánchez, reúne para iso unha ampla representación de artistas plásticos de tódalas disciplinas que participaron directa ou indirectamente no deseño de vinilos de bandas e intérpretes musicais españois: Picasso, Miró, Dalí, Antoni Tàpies, Barceló, Mariscal, Pérez-Villalta, Juan Gatti, Ouka Leele, Ceesepe, García- Alix ou Ruben Imichi, entre outros, son algúns dos nomes que asinaron moitas das portadas máis emblemáticas da nosa cultura musical nacional e que tivemos a oportunidade de reunir nesta exposición.

Esta exposición está integrada dentro das actividades organizadas no marco da “Ourense ICC Week” 2018 e poderá visitarse ata o día 6 de maio para reivindicar a estreita relación que a arte e a música española mantiveron ao longo da historia do século XX.

Trátase dunha homenaxe a unha actividade pouco coñecida de boa parte dos mellores artistas do noso panorama nacional que demostra, unha vez máis, que a música e a arte sempre están presentes no noso modo de ver a vida.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar