Ourense: A Xunta de Goberno do Concello aproba o Orzamento para 2018

O proxecto de Orzamento do Concello de Ourense para o exercicio 2018 foi aprobado en Xunta de Goberno extraordinaria.

Unha vez recibido o informe que restaba para completar este documento, o emitido pola intervención municipal, o Goberno municipal vén de aprobar o documento en Xunta de Goberno para continuar coa tramitación deste expediente. Así, hoxe mesmo o expediente completo foi remitido aos grupos políticos para que presenten, se así o consideran, as súas emendas ao documento para poder continuar coa tramitación administrativa.

O informe emitido pola intervención municipal en ningún momento sinala (como sí fixera en exercicios económicos anteriores con outros orzamentos) causa algunha de nulidade, anulabilidade ou impugnación.

O Goberno local sigue traballando a prol de conseguir aprobar uns orzamentos axeitados á realidade actual da cidade, sendo estes os máis sociais da historia de Ourense, contemplando un incremento dun 21% nas partidas adicadas á area social, e por elo solicítalle o apoio aos grupos políticos para a súa aprobación en Pleno no menor prazo posible.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar