Premios da Crítica:Bieito Ledo “In Tempore Sueborum”

O presidente da Fundación Premios da Crítica, fundador da editora Ir Indo e escritor ourensán Bieito Ledo Cabido, visitou In Tempore Sueborum. Este home, que foi crego nos seus tempos mozos, formado en Roma e en Madrid, vén desde Vigo a repousar no seu municipio natal de Xunqueira de Ambía, onde nestes días, como el di, escoitase cantar ao cuco. Ledo Cabido gozou cos contidos da mostra, e quedou abraiado co traballo que todo este proxecto científico e cultural agocha, froito dos comisarios Jorge López Quiroga e Artemio M. Tejera. Afirma Ledo que a exposición “é moi importante porque crea algo máis de autoestima, de orgullo. Nós fumos un territorio, un país, un colectivo cun gran complexo de inferioridade. Neste momento o ser galego, por múltiples circunstancias, é xa un orgullo pero inda falta unha fervedura para lograr, sen chegar á soberbia, si chegar á ter autoestima”. Por elo argumenta o visitante que “colaborar, axudar a descubrir de onde vimos, axuda a esa autoestima e a valorar o que somos e sobre todo para onde queremos ir, que son os tres grandes inquéritos que ten a filosofía”. Tres cuestións que, como sinala Bieito, non teñen fácil resposta.

Ledo Cabido non dubida en recomendar á sociedade que aproveite estas últimas semanas para achegarse a In Tempore Sueborum “para que vexan que nós temos un pasado moi plural, mou profundo e o que fai falta é valoralo para aportar ao mundo o que somos”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar