Ourense: A Deputación estuda a Medalla de Ouro da provincia

 

As comisións informativas de Cooperación, Facenda e Transparencia da Deputación de Ourense correspondentes ao mes de abril tiveron lugar a celebración das comisións de cultura, termalismo e igualdade. Na comisión informativa de Cultura, Deportes e Mocidade tratarase a ratificación da decisión de iniciar o expediente de concesión da Medalla de Ouro da Provincia de Ourense a Eligio Rivas Quintas, así como designar ao deputado provincial de Cultura, Manuel Doval, como instrutor do expediente.

Hoxe terá lugar a comisión informativa de Cooperación, Infraestruturas e Medio Rural, na que se abordará o “Programa Provincial de Cooperación con los concellos y mancomunidades para su adaptación al Reglamento (UE) 2016/679 del Parlamento europeo y del Consejo de 27 de abril de 2016, relativo a la protección de las personas físicas en lo que respecta al tratamiento de datos personales y a la libre circulación de estos datos”. Neste programa, poderán ser beneficiarios destas axudas os concellos de menos de 20.000 habitantes e as mancomunidades que contraten persoal en réxime de dereito laboral, efectúen nomeamentos de persoal funcionario de carreira ou interino ou subscriban contratos administrativos de servizos para o cumprimento destas obrigas. A contía das axudas será para o exercicio 2018, de 2.200 euros por entidade local, para o financiamento dos gastos subvencionables de prestación do servizo. Para este Programa, a Deputación de Ourense destinará un total de 217.800 euros.

Na comisión informativa Especial de Contas e de Facenda e Economía abordarase a adhesión da Deputación de Ourense ao convenio de colaboración entre a Axencia Estatal de Administración Tributaria e a Federación Española de Municipios e Provincias para a recadación en executiva dos ingresos de Dereito Público das corporacións locais; e, por outra banda, tratarase a reclamación formulada contra o acordo do Pleno da Deputación do 23 de febreiro de 2018, e a aprobación definitiva do expediente de modificación de créditos e das bases de execución dos orzamentos do Inorde n.º 1/2018.

Por último, outro dos asuntos a tratar nesta xuntanza é a aprobación inicial do expediente de modificación das bases de execución dos orzamentos do Inorde n.º 2/2018, modificando a base quinta para cambiar o obxecto da axuda e o beneficiario; e o expediente n.º 1/2018 de modificación de créditos para o exercicio 2018 da Deputación de Ourense, que ascende a un total de 14.863.289 euros.

Deputación de Ourense • C/ Progreso, 32 – 32003 OURENSE • Tfno: 988 317 500 • www.depourense.es

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar