Vigo: Concello e ADIF asinan o covencio par a cesión de terreos á noa Senda Verde

O alcalde avanzou que o Concello de Vigo xa dispón do documento de cesión dos terreos para converter a vella vía férrea nunha nova senda verde para peóns e ciclistas. A Administradora de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) firmou o convenio para que a zona pase a ser de titularidade municipal e poida inicia a construción dun novo “espazo de encontro” para os vigueses.

Os catro quilómetros da antiga vella vía férrea entre Urzaiz e Teis xa son de titularidade municipal desde este mércores. Así o anuncio o alcalde tras recibir o documento no que a Administradora de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) remitise o convenio polo que cede os terreos ao Concello para que inicie a construción da nova Senda Verde.

“Hoxe é un día moi importante, recibimos unha gran noticia, e xa podemos anunciar que imos a restituír a Teis unha débeda que tiñan os gobernos municipais de Vigo, porque xa é hora de devolver a Teis unha parte do que Teis deu á cidade”, sinalou Abel Caballero durante a súa comparecencia ante os medios de comunicación.

A cesión dos terreos por parte de ADIF permite que o Concello de Vigo poida empezar a traballar hoxe mesmo para a planificar a conversión da zona nun “espazo de encontro” para os cidadáns no que haberá paseo para peóns, bicicletas e puntos de esparexemento.

“Xa estamos en condicións de licitar o proxecto, xa é nosa a vía verde. Un século tivemos que esperar, a entrada do tren facíase a ceo aberto, pero houbo dúas coincidencias tras gañar a Alcaldía, o goberno Zapatero escoitoume e toda a xente que estaba en ADIF xa traballara comigo”, engadiu o rexedor.

Caballero lembrou tamén que a nova entrada ferroviaria posibilitou que “non se rompera a cidade, facer a saída sur e adicionalmente poder facer unha vía verde de catro quilómetros para entrar en Vigo”. Respecto ao novo lugar de encontro, explicou que esta mesma semana houbo unha reunión cos colectivos de Teis e reclamaron que a vía verde fose porosa para ter accesos desde distintos puntos.

“Empezaremos maña a tirar simbolicamente os muros e empezaremos a construír a senda verde”, sinalou o alcalde antes de aclarar que a primeira fase do proxecto será para todo o percorrido para peóns e bicicletas, mentes que nunha segunda irán os espazos de encontro. “Esta cesión e para sempre”, destacou.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar