Ferrol: Festa da Lectura, o Libro e a Palabra

A 29 edición da Feira do Libro de Ferrol, dentro do calendario de Feiras do Libro de Galicia, xa está aquí. Este ano leva por lema ‘Ler sen Fronteiras’, e abre as súas porta este xoves 19 na Praza da Constitución de Ferrol, con 12 casetas -8 libreiros e 4 institucionais, entre as que se conta a propia Biblioteca Municipal de Ferrol, o contedor cultural mais importante da cidade cunha media diaria de 800 a 900 visitantes.

A feira foi presentada en rolda de prensa no Pazo Municipal de Ferrol ante os medios nunha comparecencia do concelleiro de Cultura i Educación, Suso Basterrechea, acompañado do Secretario Xeral de Cultura da Xunta, Anxo Lorenzo, da vicepresidenta da Deputación, Goretti Sanmartín, e do presidente da Agrupación de Libreiros de Ferrolterra, Antonio Martínez.

“É un esforzo conxunto que facemos as Administracións cada ano nesta Feira, e tamén as empresas, os libreiros no privado. Coido que para a cultura tamén e fundamental, como neste caso, saír as rúas e temos a obriga de ir a buscar ao espectador, saír dos espazos de confort e interferir a cidadanía, e que o tempo nos acompañe”, sinalaba hoxe na presentación o concelleiro Basterrechea.

Esta nova edición da Feira do Libro abrirá as súas portas as 11:00 horas do xoves, malia que o acto de inauguración oficial será as 19:30 coa participación de Miguel Toval, de Edicións Embora, editorial ferrolá que celebra 25 anos de traballo e historia con mais de 300 títulos editados en 20 coleccións, a cargo do pregón acompañado dunha actuación do Real Coro de Toxos e Froles

Estará sita, e como ven sendo habitual, na Praza da Constitución do Cantón de Molíns, do 19 ao do 23 de abril, en horario de 11 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas. Na fin de semana , o data de peche será as 14:30 horas. O programa desta Festa da Lectura, do Libro e da Palabra ven acompañada este ano dun amplo programa de actividades para o desfrute de todos os amantes das letras e da música, 10% de desconto en todas as compras, sorteos, sorpresas e agasallos.

Este ano serán 12 os expositores, entre os que se contan as librarías Cortizas, Galiano, Estraviz, Metrópolis Cómics Ferrol, Metrópolis Cómics A Coruña, Librería Day, Central Librera, Libraría Pedreira, Edicións Embora, Deputación da Coruña, Xunta e Biblioteca Municipal do Concello de Ferrol.

 

A FESTA DA LECTURA, DO LIBRO E DA PALABRA 2017

 

 

O concello de Ferrol, a través da Concellería de Educación, terá unha implicación moi especial e activa nesta edición do 2018 xa que ten deseñado un amplísimo programa de actividades que complementan a feira con música, contacontos, concurso de debuxo, presentacións e sinaturas de libros, enfocadas, fundamentalmente a xente miúda da casa, ademais da exhibición ‘O Xadrez vas escolas sae a rúa”, coa colaboración do Círculo Ferrolán de Xadrez.

O acto inaugural terá lugar este xoves 19, as 19:30 horas, coa participación do concelleiro de Educación e Cultura, Suso Basterrecha, e a actuación do Real Coro de Toxos e Froles.

Ademais, e nos vindeiros días, a parte local do programa da Feira do Libro de Ferrol 2018 aposta pola música, a cargo do Coro Infantil do Programa Municipal Canta con Nós, dirixido por Juan Brage (venres 20 18:00 horas) e unha actividade ligada ao Día das Letras Galegas 2018 que este ano “Cantares das Letras de Rosalía a Victoria Morena” de Luís Vallecillo.

Tamén repetimos cunha exhibición de Xadrez Na Escola, o domingo 22 as 12:00, con partidas simultáneas dos alumnos dos centros de ensino CEIP e CPR incluídos no programa. Cómpre destacar, ademais, a presentación de “Memoria histórica do barrio da Magdalena” de Guillermo Llorca e Juan J. Burgoa, editado por Embora (venres 20 as 20:00 horas) e o coloquio Falando de Libros, que modera Antón Coprtizas o sábado 21 as 19:00 horas.

O luns 23, e coincidindo co Día do Libro, todas as compras terán asagallo: un clavel da Floristería Sedes. A Feira do Libro está co organizada polo Concello, a Xunta e a Deputación, xunto coa Federación de Librarías de Galicia. A cita en Ferrol é a segunda no calendario galego que arrancaba en Verín e que percorrerá todas as grandes cidades e vilas galegas nas vindeiras semanas ate agosto.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar