Alfonso Rueda da a benvida ao xefe da Policía Autonómica en Pontevedra

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, deu a benvida ao novo xefe da sede provincial da Policía Autonómica de Pontevedra, Pablo Jesús Enrique Álvarez Montesinos, tras o seu recente nomeamento. O novo xefe estivo acompañado polo xefe accidental da Policía Autonómica, José Bouzada Crespo.

Durante o encontro, que tivo lugar na sede da Xunta en Pontevedra e ao que tamén asistiu o delegado territorial, José Manuel Cores Tourís, Rueda desexou éxito a Montesinos nesta nova responsabilidade.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar