Ourense:Manuel Baltar entrega os premios “Coopera Galicia”

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, dixo no mosteiro de san Clodio, en Leiro, no acto de entrega dos premios “Coopera Galicia” que a forza do municipalismo “está no desenvolvemento de proxectos conxuntos”. Baltar, quen participou no evento xunto ao vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, o alcalde de Leiro, Francisco José Fernández, e o presidente da Fegamp, Alfredo García, expresou que a xestión local compartida “achega solucións, beneficios e aforro aos veciños, con servizos máis eficientes e de maior excelencia”, e avogou, como xa ven defendendo, pola “fusión de servizos”, “a mellor vía –dixo- para favorecer o desenvolvemento do noso rural, onde o que importan son as persoas, independentemente de onde vivan e cantas sexan, poñendo en valor o discurso do territorio”.

O presidente do goberno provincial entregou o segundo premio -dotado con 25.000 euros- á Mancomunidade de concellos da Mariña Lucense polo proxecto educativo con enfoque transversal de xénero: Catuxa. Asemade, resultou galardoada co terceiro premio -dotado con 12.500 euros- a Mancomunidade turística do Caballiño, Ribadavia, Boborás e Leiro polo proxecto do Xeodestino “O Ribeiro-O Carballiño”; mentres que o primeiro premio -dotado con 40.000 euros- foi para a Mancomunidade Terra de Celanova polo proxecto de implantación da Aula de conciliación de actividades formativas para mulleres. Os premios foron recollidos polos presidentes das respectivas mancomunidades de concellos: Alfredo Llano, da Mariña Lucense; Francisco Fumega, do Carballiño, e José Antonio Pérez, de Terra de Celanova.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar