Mostra de Teatro Universitario de Ourense, MITEU

 

 

 

O alcalde de Ourense; Jesús Vázquez, e o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, firmaron este xoves un convenio de colaboración para o desenvolvemento da XXIII edición da Mostra Internacional de Teatro Universitario de Ourense (MITEU), que terá lugar entre o 12 e o 28 de abril na cidade de As Burgas.

Dende a Universidade de Vigo destácase a importancia desta cita porque “é a culminación da Aula de Teatro universitaria” así como “un factor de intervención social e cultural de gran importancia na cidade”.

Pola súa banda o Concello reitera o compromiso, dende a súa área de Cultura, con este escaparate do teatro universitario que se ten convertido “nun dos eventos culturais máis importantes da cidade”.

A firma contou coa presenza da actriz Fina Calleja, que acudiu en representación da organización desta mostra.

A 23 edición da MITEU contará coa participación de 28 grupos procedentes de sete países. Entre os espectáculos deste ano se encontran nomes como os de Quico Cadaval (12 abril), Leo Bassi (18 de abril) ou a compañía madrileña Yllana (27 de abril).

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar