A Deputación de Ourense impulsa a actividade dos drons

 

A Deputación de Ourense impulsa a creación dun grupo de expertos en drons para promover solucións en seguridade e emerxencias desde o punto de vista lexislativo e operativo. Así o afirmou o presidente do goberno provincial, Manuel Baltar, trala sinatura da acta constitutiva do dito grupo de cooperación, asinada polo presidente da Deputación de Ourense; o delegado da zona norte de Servitec Medioambiente, S.L., Hugo Rodríguez; o Ceo de Aerocámaras, Jaime Pereira; a directora de marketing de Dräger; Marisa López, e o director xeral de Emprego e Emprendemento da Escola Superior de Enxeñería da Universidade de Cádiz.

Manuel Baltar afirma que esta iniciativa “ten como obxectivo seguir mellorando a capacidade das administracións nas súas competencia nestas materias, así como a resposta operativa ante situacións de emerxencia e promover innovacións aplicando as tecnoloxías dos drons”.

Segundo se reflicte no acordo asinado, a finalidade do grupo de expertos é establecer estándares de calidade en formación e produtos relacionados co ámbito das emerxencias e a seguridade pública e privada, e realizar propostas á Axencia Estatal de Seguridade Aérea (AESA) desde o punto de vista dos expertos en drons para emerxencias e seguridade. Entre as accións que prevén levar a cabo figura analizar as cuestións operativas e lexislativas que limitan os medios empregados e a capacidade de resposta das administracións competentes en emerxencias e seguridade; e deseñar un cronograma e un plan de traballo que permitan a empresas e administracións públicas implementar as mellores iniciativas nesta materia, ademais de promover o desenvolvemento de solucións tecnolóxicas innovadoras.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar