O PSdeG denuncia un retraso do AVE ata 2015

O voceiro do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, confirmou o retraso do AVE a Galicia cando menos ata 2025. Esta é a data que figura oficialmente no anexo de investimentos aos Orzamentos Xerais enviado polo goberno ao Congreso retrasando a conexión Olmedo – Lubián – Ourense ata aquela data, lonxe do compromiso de Feijóo e o goberno, que o situaron en 2020.

O responsable socialista denunciou o “xogo de trileiros” protagonizado polo presidente da Xunta e o Ministerio de Fomento, que volven poñer esta data logo de que nos orzamentos de 2017 sucedera algo semellante. Daquela o proxecto fixaba o remate da liña en 2024, pero unha emenda parlamentaria adiantouno ata 2020, o que non foi suficiente para que este ano volveran a retrasar o remate das obras, pero desta vola ata 2025.

Sinalou que o retraso deriva da construción da Variante de Ourense, que está prevista para 2024 e que condiciona o resto da conexión. Explicou ademais que unha obra destas características precisa a lo menos de 6 anos para a súa execución completa, e sinalou que “co paso dun ano, a finalización prevista das obras retrasouse tamén un ano, o que demostra que pouco se fixo para avanzar”.

Fernández Leiceaga apelou ao goberno galego a desenvolver unha “estratexia” para conseguir “que chegue canto antes”, e urxiu á licitación do tramo Seixalbo – Ourense, con proxecto aprobado xa dende o goberno socialista.

Anunciou que os socialistas galegos iniciarán unha ofensiva parlamentaria “para que o Goberno galego teña que definirse” sobre este retraso e sobre as iniciativas para acelerar a execución da obra.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar