“O Camiño a Viena”, exposición na biblioteca pública de Santiago

Quedou aberta na Biblioteca Pública de Santiago Ánxel Casal, a exposición “Camiño a Viena”, organizada pola Fundación Paz e Cooperación.

Esta Fundación, con Status Consultivo Especial de Nacións Unidas, promove campañas de sensibilización escolar desde 1986, entre elas o Premio Escolar que leva o o seu nome que nesta edición tivo por lema “Mirando a las estrellas-El futuro del mundo”.

O premio convocouse en Viena -Nacións Unidas- na Semana do Espazo, en outubro de 2016, conxuntamente coa Oficina do Espazo Exterior de Nacións Unidas e a Representación Permanente de España en Viena.

Desde entón, comezou o “Camiño a Viena”, exposición de debuxos escolares de todo o mundo que xa visitou Alicante-Dimension Cultural de El Corte Inglés, o Colexio Caude de Majadahonda, Aula en IFEMA en Madrid, o colexio Sansueña de Zaragoza… e en Galicia, a sala de exposicións da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, e a Biblioteca Nodal Miguel González Garcés de A Coruña, coa colaboración da Xunta de Galicia e Galicia Digital, para difundir arredor de 200 traballos escolares de 22 países, que reflicten os valores compartidos e os ideais das Nacións Unidas, que deberían inspirar á mocidade para conseguir un mundo non violento, xusto e solidario.

En Santiago, na Ánxel Casal, pode xa visitarse no vestíbulo da Biblioteca ata o próximo 23 de abril, e despois deste día e ata o día 30 estará distribuida en diversas dependencias deste centro, en horario habitual da Biblioteca, de 8,30 a 21,00 h.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar