Santiago: López Abella participa na Conferencia Internacional de Innovación Tecnolóxica

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, apostou pola implicación de todos os axentes sociais (administracións públicas, empresas, sindicatos ou tecido asociativo) para seguir avanzando na mellora da corresponsabilidade e da conciliación da vida persoal, familiar e laboral.

Así o sinalou durante a súa participación na conferencia internacional “Innovación tecnolóxica e o futuro do traballo: aspectos emerxentes en todo o mundo”, organizada pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). En concreto, López Abella encargouse de moderar a mesa sobre o uso da innovación tecnolóxica para un mellor equilibro traballo-vida.

Neste sentido, lembrou que o Consello da Xunta aprobou o Plan galego de conciliación e corresponsabilidade 2018-2021, que converte a Galicia na primeira comunidade autónoma en contar cunha planificación destas características. Entre os seus obxectivos, inclúese a racionalización e a conciliación horaria, dúas metas fundamentais para dar resposta ás transformacións e demandas da sociedade.

López Abella lembrou que a Xunta xa vén traballando desde hai anos en promover accións neste ámbito como, por exemplo, a través das medidas de flexibilidade laboral e teletraballo implantadas na Administración autonómica.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar