Ourense:Senda peonil en Reza de máis de dous quilómetros

Ourense contará cunha senda peonil e ciclista en Reza de 2,2 kilómetros que se complementará con outra luminiscente, pioneira en España, de 350 metros, na marxe dereita do Miño, no acceso ás termas de Outariz.

A conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, presentou o proxecto esta mañá no Concello, que forma parte dos “itinerarios peonís e ciclistas da comarca de Ourense” e contará cun orzamento de 1,2 millóns de euros. Esta actuación está enmarcada no Plan de Sendas de Galicia, que no Concello de Ourense prevé 6 itinerarios, que suporán un investimento de 2,3 millóns de euros.

O alcalde, Jesús Vázquez, agradeceu a cooperación institucional desenvolvida pola Xunta de Galicia neste eido: “É de xustiza destacar que sempre que temos aquí á conselleira de Infraestruturas é para traer boas novas para Ourense. O compromiso e a cooperación institucional deste departamento dirixido por Ethel Vázquez é incuestionable e de gran valor para o avance e a posta en marcha de proxectos novidosos para a nosa cidade”.

“Agora dase un paso clave, co inicio da información pública dunha actuación clave para seguir avanzando ourensanamente na sostenibilidade e na cidade accesible e para todos que temos no noso proxecto de cidade”, abundou o alcalde, explicando que a senda presentada hoxe é o primeiro dos proxectos dos “itinerarios peonís e ciclistas da comarca de Ourense”, ubicado en Reza, na estrada OU-402. Esta senda terá 2,2 kilómetros a un ancho mínimo de 1,8 metros, separada por unha cuneta de seguridade e por unha banda axardinada nalgúns tramos.

Ademáis, no acceso ás termas de Outariz proxéctase, na marxe dereita do Miño, unha senda de 350m estrelada -fotoluminiscente-, única destas características en España, para a posta en valor e singularización do camiño.

Esta actuación contará cun orzamento provisional de preto de 1,2 millóns de euros.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar