TVG, hoxe: “A noite de Ana Kiro” en lembranza da artista galega

Neste 2018 fai 20 anos da primeira emisión do programa “Tardes con Ana”, un dos talk-shows con máis éxito da historia da TVG. Con motivo desta efeméride, a Televisión de Galicia celebrará unha noite especial dedicada á nosa artista máis internacional. Unha noite para revivir os mellores momentos de Ana Kiro e gozar de novo coas súas cancións.

Son moitos os que continúan lembrando unha artista que foi moito máis que a raíña das romarías e das cancións para os emigrantes. O programa “Inimitables” achegará o mércores pola noite a vida e obra de Ana Kiro, unha pioneira do pop en España e unha das primeiras en reivindicar o uso do galego e o papel da muller na industria musical.

Este programa especial foi realizado desde a súa casa de Mera, onde algúns dos seus amigos máis íntimos, fans, familiares e artistas da canción quixeron xuntarse para lembrar a María Dolores Casanova, a muller que, co nome artístico de Ana Kiro, se converteu nunha das intérpretes máis aplaudidas e queridas da música popular galega A súa intensa traxectoria vital levouna de Arzúa a Barcelona e de volta a Galicia cunha filla e separada moi nova do seu primeiro marido. Despois de pasar uns anos difíciles, de volta na terra coñeceu o seu grande amor, Carlos Rivero, quen amosará algúns dos recantos favoritos da parella.


Carlos charlará co grupo de amigos cos que Ana e el compartiron momentos felices. Os curmáns de Ana lembrarán a mociña da Castañeda que sempre quixo cantar e a súa vertente máis familiar.
Manolo Valdés, empresario da radio en Cataluña, repasará os comezos difíciles da artista e o éxito que chegou a acadar en toda España. E os espectadores tamén coñecerán as impresións emocionadas dos emigrantes sobre a galega que lles levaba todo o agarimo da súa terra.


Algúns dos fans máis próximos a Ana contarán o proceso polo que chegaron a sentirse parte da súa familia. E, ademais, daranse a coñecer anécdotas e vivencias dos anos nos que traballou na TVG comentadas por algúns dos seus colaboradores.


A música terá moita presenza durante o programa, en que se escoitarán algunhas das cancións máis coñecidas de Ana Kiro interpretadas por ela mesma e polos artistas convidados:
Lucía Pérez, Eva Iglesias, Tonhito de Poi, Marietta e Fernando Marán.


Completará esta noite musical a emisión do programa “
No bico un cantar: Galicia, Terra Meiga”, que afonda na, quizais, canción máis emblemática desta artista, xa que foi o seu primeiro grande éxito en galego e o que a elevou ao cumio da fama.


O programa remontarase ao ano 1972, cando a cantante coñeceu o músico, compositor e representante de artistas Manuel Muñiz, quen, baseándose nun tema da música popular galega, compuxo “
Galicia, terra meiga”. A composición, gravada por Ana, converteuse nun éxito musical despois de vender ese ano máis de 100.000 copias e conseguir un Casete de Ouro.


A canción protagonista na noite do mércores de “No bico un cantar” ten unha enorme importancia para a música galega, tanto fóra coma dentro das nosas fronteiras. De feito, converteuse nun auténtico himno para os galegos na emigración, xa que moitos milleiros de emigrados acudían aos concertos que Ana Kiro deu en Venezuela, no Brasil e na Arxentina.


Ademais de falar da importancia de “Galicia, terra meiga”, tamén se fará un percorrido pola vida de Ana Kiro da man do seu viúvo,
Carlos Rivero, e de amigos e compañeiros de profesión como Fernando Marán e Sito Mariño. Pero tamén será a propia Ana Kiro quen guíe os espectadores pola súa historia.

No aspecto musical, o programa ofrecerá diferentes versións da popular canción interpretadas por músicos da categoría de Abe Rábade e o Cuarteto Egeria, integrado por músicos da Real Filharmonía de Galicia.

VIVAN AS TARDES!

Din que a voz é o instrumento máis fermoso que existe, e o canto de Uxía e Fita, as primeiras convidadas de hoxe en “Vivan as Tardes!”, non ten igual. Son moito máis que nai e filla: son amantes da troula, mestra e alunma, amigas e compañeiras de profesión. Mentres que Uxía triunfou de nova, abraiando o panorama musical de finais dos 80, a Fita tocoulle agardar ata er aos fillos e algún neto criados. Fita é unha das Malvela, as veciñas de Sanguiñeda que deixaron as súas casas para subir aos escenarios e revolucionar todas as festas do país ao son do “Pirimpimpín”.

Pola súa parte, Bruno acabou de carniceiro por casualidade, despois de que un veciño vira a súa disposición de cara ao público na cantina dun campo de fútbol. O oficio encantoulle e o seu afán innovador fixo que ideara produtos novos e que viaxara para coñecer outras tradicións nun particular “Erasmus carniceiro”. O seu amigo Juan, con quen xogaba ao fútbol, animouno a montar a primeira carnicería. Hoxe ten varios establecementos en que elabora produtos como chourizos de chocolate ou hamburguesas de polbo.

O programa tamén recibirá a visita de Martina, que descubriu que quería ser sexóloga cando fixo as prácticas de Psicoloxía e desde aí foi formándose ata ter o seu propio centro de sexoloxía. Para ela un dos principais problemas das persoas no terreo sexual é a falta de formación. Ademais, hai cambios hormonais, psicolóxicos e físicos que poden empeorar estas dificultades. Martina chega desde Santiago para falar dos principais problemas e mitos arredor do sexo na terceira idade, dun xeito distendido e divertido.

Finalmente, o espazo da TVG contará coa presenza de Gosia, unha artista polaca que veu a España por levarlle a contra á súa nai e quedou por amor. Amor ao seu home e a Galicia, terra á que se sente tan conectada que quere ser considerada galega. Os seus fillos teñen acento de Monte Alto, a súa comida favorita son os grelos e o seu soño e acabar os seus días na leira que ten en Costenla, na Costa da Morte. O océano é a súa inspiración e a súa inxección de vida.

A REVISTA

O magazine matinal “A Revista” daralle a benvida á audiencia desde a Feira Cabalar de Noia, cuxa celebración se enmarca nas festas patronais de San Marcos. Un dos pratos fortes do seu completo programa de actos é esta cita de hoxe en que se levan a cabo diversos concursos e campionatos cabalares.

Outro dos equipos deste espazo informativo dirixirase cara ao Porriño, con motivo da 17 edición do Concurso de Patrullas Tui-Santiago, que ten lugar durante dúas xornadas ao longo deste tramo do Camiño Portugués. Esta dura proba de carácter militar consiste nunha marcha rápida de patrullas onde se pon a proba a habilidade e resiliencia dos participantes.

Xa no estudio, Sevi Martínez conversará con Ana Moreiras, unha das responsables da organización de Olloboi 2018 ‘Festival de cine escolar. Encontro de curtas’, e co actor Federico Pérez, presentador do certame. Olloboi está dirixido a todos os niveis educativos e está organizado polo IES A Cachada de Boiro.

Nesta edición poderase coñecer, amais, ‘Drown’, o primeiro traballo do grupo Little Juice, a través do seu teclista Xulio Abal e do seu guitarra Xabi Feixoo.

Por último, “A Revista” estivo tamén coa asociación de veciños de San Cosme, no Irixo, xa que vai renderlle unha homenaxe ás persoas que morreron a causa das obras do túnel da vía férrea ao seu paso por este territorio. Ben por silicose ou por esmagamentos en accidentes laborais, a construción do ferrocarril Zamora-Santiago nos anos 50 custoulle a vida unhas 80 persoas. E, coma cada mércores, Teresa Abalde achegará as novas da crónica social.

tvG2

ZIGZAG

O programa “Zigzag” recibirá hoxe a visita do director de Nova Galega de Danza, Jaime Pablo Díaz, que falará do novo espectáculo desta compañía de danza contemporánea: “Son”, un traballo que opta aos Premios Max 2018 das Artes Escénicas. Esta sinerxía entre danza tradicional galega, contemporánea e flamenco ten como eixe argumental a relación que se establece entre un escultor e as súas obras, a loita do artista entre as diversas tradicións para construír a súa voz propia.

Tamén estará no estudio de gravación Juan Rivas, codirector da Ourense ICC Week (Semana das Industrias Culturais e Creativas), un acontecemento transversal a todas as manifestacións do sector. O cometido é reunir algúns dos axentes, propostas e ferramentas máis innovadoras do ámbito audiovisual, a industria musical, a radio, as novas tendencias tecnolóxicas, os videoxogos e os sectores onde a creatividade é esencial.

Por outro lado, os espectadores da tvG2 poderán achegarse á última obra de María Reimóndez, “Galicia en Bus”, coa que gañou a XX edición do Premio Johan Carballeira do Concello de Bueu. Este libro de poemas traza un percorrido íntimo e, ao tempo, social e colectivo, desde unha perspectiva feminista, articulando un mapa cartográfico que funde o territorial coas lembranzas persoais e o propio corpo.

Ademais, na semana en que se celebra o Día Internacional da Danza, “Zigzag” ofrecerá unha reportaxe sobre “Método Negro”, proxecto do coreógrafo e bailarín Javier Martín, que se enmarca na residencia técnica que o artista está a realizar no Teatro Colón, onde está a desenvolver unha nova coreografía que consta dun proceso de creación continuo, permitindo a crítica para enriquecer o resultado.

Mércores, 25.04.2018

CINEMA DE NOITE

MAD MAX, FURIA NA ESTRADA”

(“Mad Max, Fury road”)

Director: George Miller

Elenco: Tom Hardy, Charlize Theron, Nicholas Hoult, Hugh Keays-Byrne, Angus Sampson, Zöe Kravitz, Rosie Huntington-Whiteley, Nathan Jones, Riley Keough, Abbey Lee, Courtney Eaton, Josh Helman, Megan Gale

Australia, 2015, Ciencia Ficción – Acción, 120´ (16)

**SINOPSE**

	Perseguido polo seu turbulento pasado, Mad Max cre que a mellor forma de sobrevivir é ir só polo mundo. Con todo, vese arrastrado a formar parte dun grupo que foxe a través do deserto nun War Rig conducido por unha Emperatriz de elite: Furiosa. Escapan dunha Cidadela tiranizada por Immortan Joe, a quen lle arrebatou algo irremprazable. Enfurecido, o Señor da Guerra mobiliza todas as súas bandas e persegue implacablemente os rebeldes nunha “guerra da estrada” de altas revolucións. Cuarta entrega da saga postapocalíptica que resucita a triloxía que a principios dos 80 protagonizou Mel Gibson. 
				


					   **COMENTARIO**
	
	O tolo Max Rockatansky volve á autoestrada na cuarta cinta da famosa saga postapocalíptica iniciada en 1979 por George Miller, director tamén coñecido por títulos como “As bruxas de Eastwick” e “O aceite da vida”. Tom Hardy, actor que deu vida ao malvado Bane en “O cabaleiro escuro: A lenda renace”, e Charlize Theron, actriz gañadora dun Óscar por “Monster”, son os protagonistas principais deste filme cheo de acción, ira e rabia no camiño da violencia.

MINUTADO do 25/04/2018 da Televisión de Galicia

08:00

BOS DÍAS

Presentan Ana Pérez e Francisco L. Iglesias, coa información deportiva a cargo de Terio Carrera.

Hoxe asisten á Entrevista Rosa Quintana Carballo, conselleira do Mar, e Antonio López, novo rector Universidade de Santiago. No Faladoiro interveñen os xornalistas Luis Pérez e Julián Rodríguez, amais tamén da profesora María Bastida Domínguez e do avogado Xoán Antón Pérez Lema.

10:55

ESPECIAL “TVG presenta… O Soño Logrado”

Especial sobre a documovie inspirada en Amancio Ortega e no éxito de Inditex, que a TVG estreará o luns 30 na faixa do prime time.

11:05

A COCIÑA DE ANDRÉ “Castañeta ao forno con pomelo”

Un espazo diario de gastronomía presentado polo chef André, que propón en cada intervención receitas doadas de realizar, que sorprenderán polo seu sabor e atractivo.

11:30

O FARO

Serie.

12:25

A REVISTA

Presenta Sevi Martínez. Inclúe “Adiantos Informativos”.

13:40

ESPECIAL “TVG presenta… O Soño Logrado”

Especial sobre a documovie inspirada en Amancio Ortega e no éxito de Inditex, que a TVG estreará o luns 30 na faixa do prime time.

13:45

CADA DÍA UN LIBRO

Microespazo divulgativo en que cada día se lle recomenda un libro ao espectador.

13:50

GALICIA NOTICIAS MAÑÁ

Presenta Marga Pazos.

14:25

TELEXORNAL MEDIODÍA

Presenta Marta Darriba. Carlos Macía encárgase da información deportiva.

15:30

ZIGZAG – ONDE IR HOXE

Axenda cultural galega.

15:30

ESPECIAL “TVG presenta… O Soño Logrado”

Especial sobre a documovie inspirada en Amancio Ortega e no éxito de Inditex, que a TVG estreará o luns 30 na faixa do prime time.

15:40

O TEMPO

15:50

COMA UN ALLO

Concurso presentado por Bernardo Montaña.

16:25

TI VERÁS

Concurso presentado por Rodrigo Vázquez en que cada día unha parella de concursantes opta a gañar un premio de ata 50.000 euros.

17:25

VIVAN AS TARDES!

Espazo familiar de entrevistas e entretemento presentado por Pili Pampín e Yolanda Vázquez.

Hoxe os produtos cárnicos máis innovadores e o sexo na terceira idade serán algúns dos temas dos que falarán os convidados do programa.

19:05

GALICIA VIVA

Espazo de actualidade, con variadas conexións en directo, presentado por Susana López

20:20

INFORMACIÓNS ESTADO DO MAR SERÁN

20:30

TELEXORNAL SERÁN

Presentan Alfonso Hermida e Tati Moyano. Lorena Pose encárgase da información deportiva.

21:45

ESPECIAL “TVG presenta… O Soño Logrado”

Especial sobre a documovie inspirada en Amancio Ortega e no éxito de Inditex, que a TVG estreará o luns 30 na faixa do prime time.

21:50

O TEMPO

22:05

ESPECIAL “20 Anos de Tardes con Ana”

Hoxe, a TVG homenaxeará á artista galega máis internacional cunha programación especial. Cando se cumpren 20 anos da primeira emisión de “Tardes con Ana”, os espectadores revivirán os mellores momentos da cantante e gozarán de novo coas súas cancións.

22:25 NO BICO UN CANTAR “Galicia, Terra Meiga”

O espazo da TVG remontarase ao ano 1972, cando a cantante coñeceu o músico, compositor e representante de artistas Manuel Muñiz, quen, baseándose nun tema da música popular galega, compuxo “Galicia, terra meiga”. A composición, gravada por Ana, converteuse nun éxito musical despois de vender ese ano máis de 100.00 copias e conseguir un Casete de Ouro.Ademais de falar da importancia de “Galicia, terra meiga”, tamén se fará un percorrido pola vida de Ana Kiro da man do seu viúvo, Carlos Rivero; e de amigos e compañeiros de profesión como Fernando Marán e Sito Mariño. Pero tamén será a propia Ana Kiro quen guíe os espectadores pola súa historia.

22:55 INIMITABLES “Ana Kiro”

Lembrada aínda como unha das estrelas máis admiradas da canción galega, o espazo da canle pública visitará a súa casa de Mera, en Oleiros, para conversar cos seus familiares, fans e amigos. O programa dedicado a Ana Kiro tamén lles ofrecerá aos espectadores da Televisión de Galicia actuacións, con temas da cantante, interpretados por Lucía Pérez, Eva Iglesias, Tonhito de Poi, Marietta e Fernando Marán, ademais de algunhas das súas emblemáticas intepretacións.

00:30

CINEMA: “Mad Max: Furia na estrada”

(“Mad Max: Fury Road”) de George Miller con Tom Hardy, Charlize Theron, Nicholas Hoult, Hugh Keays-Byrne, Angus Sampson, Zöe Kravitz, Rosie Huntington-Whiteley, Nathan Jones, Riley Keough, Abbey Lee, Courtney Eaton, Josh Helman, Megan Gale. Australia, 2015, Ciencia Ficción-Acción, 120´, (16)

Perseguido polo seu turbulento pasado, Mad Max cre que a mellor forma de sobrevivir é ir só polo mundo. Con todo, vese arrastrado a formar parte dun grupo que foxe a través do deserto nun War Rig conducido por unha Emperatriz de elite: Furiosa. Escapan dunha Cidadela tiranizada por Immortan Joe, a quen lle arrebatou algo irremplazable. Enfurecido, o Señor da Guerra mobiliza a todas as súas bandas e persegue implacablemente os rebeldes nunha “guerra da estrada” de altas revolucións. Cuarta entrega da saga post-apocalíptica que resucita a triloxía que a principios dos 80 protagonizou Mel Gibson.

02:25

TELEXORNAL NOITE

02:30

O TEMPO

02:35

VIVAN AS TARDES! (Rep.)

04:10

GALICIA VIVA (Rep.)

05:15

NOITE DE JAZZ

Uns minutos de jazz para gozar na Galega.

06:10

A REVISTA (Rep.)

07:25

ZIGZAG (Rep.)

07:55

INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar