O alcalde de Ourense ofrece aos grupos políticos un pacto de goberno

No transcurso do Pleno Extraordinario no seu discurso final, o alcalde de Ourense deixou sobre a mesa un ofrecemento aos grupos políticos da oposición: Facer un pacto de goberno para blindar os servizos e asistencia básica dos máis necesitados na cidade.

O obxectivo desta medida é, segundo explicou Jesús Vázquez Abad, “impedir así que un partido ou outro poida bloquear algo tan elemental como garantir eses servizos”

O rexedor ourensán sinalou ante os grupos que “esta é a súa ocasión para emendar o que pasou hai apenas uns meses (cando o PSOE e OueC negáronse a apoiar a conta 413 que permitía repoñer a partida de Asuntos Sociais e manter así os servizos e o pago a proveedores) e construír unha liña vermella sobre este tema tan esencial para os cidadáns”.

Un pacto de goberno que será exemplar para outras cidades e que será un dos grandes alicerces da nosa. Apelo á súa responsabilidade como representantes desta cidade para que este Pacto sexa un dos grandes compromisos que poidamos lograr nestes catro anos. Apelo á súa sensibilidade cos que máis o necesitan e que esta se concrete en feitos, e non só en palabras contra o goberno desta cidade”, concluiu o alcalde.

Plan de futuro e crecemento “Ourensanamente en ti”

Jesús Vázquez avanzou tamén contidos do “Plan de futuro e crecemento para Ourense 2018-2023”, “o proxecto “Ourensanamente en ti” do que estamos francamente orgullosos. Sabemos que esta cidade ten problemas, algúns comúns a outras, por suposto, pero tamén sabemos que nós temos a nosa propia dinámica, unha calidade de vida distinta e marabillosa que temos que conservar, unha forma de vivir á ourensá que queremos poñer por riba de todo e sobre a cal elaboramos este completo plan”.

Vázquez Abad sinalou que xa adiantou un dos seus eixos: “Ourensanamente sostible” coa presentación do “Ecobarrio” a pasada semana, que situará a esta cidade á vangarda do aproveitamento enerxético, creando a primeira rede de xeotermia de Europa cun investimento de máis 20 millóns de euros e a creación de 300 empregos.

Ourensamente en ti” contará cun total de oito eixos estratéxicos, cada un cos seus proxectos, pero nos que queremos contar coa participación activa dos veciños e veciñas.

Estes eixos son:

– Ourensamente social


– Ourensamente sostible


– Ourensanamente próxima


– Ourensanamente cultural


– Ourensamente dinámica


– Ourensanamente conectada


– Ourensamente inclusiva


– Ourensamente para todos

Logo de esbozar este plan de modelo de cidade que avanza de urbe tradicional a innovadora, cunha xestión centrada na calidade de vida das persoas e cunha administración que promove, innova e crea novos servizos, Jesús Vázquez tamén invitou aos grupos políticos a que “se sumen sen complexos ao o noso “Plan de futuro para Ourense”. Esta cidade imos seguir impulsándoa e, se vostedes queren, farémolo aínda máis rápido. Créanme que os cidadáns nolo agradecerán”, rematou o alcalde.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar