Teo: A oposición popular demanda melloras nos colexios públicos

As Mareas e PSOE soamente entenden esixir melloras nos colexios cando se trata de pedilas á Xunta. pero néganse en pleno a asumir as competencias propias. Mentres o bipartito segue instalado no enfrontamento constante e nas palabras sen feitos, a Xunta inviste 630.000€ nos centros educativos teenses, sumando 1,5 millóns nos últimos anos. Para os populares, chegou o momento de que o Concello “dea a cara, poñendo riba da mesa prazos e orzamentos para os centros que son da súa xestión como acaba de facer a Xunta”.

No mes de xaneiro os populares teenses facían unha proposta na que se esixía que o Concello se comprometera a executar aquelas accións que son da súa competencia nos centros educativos. Mareas e PSOE votaron en contra, feito que puxo en evidencia a auténtica face do bipartito ao negarse rotundamente cun comportamento que consideran “de notoria hipocrisía”. Reclaman obras á Xunta pero logo néganse a asumir aquelo que depende deles.

Os concelleiros populares indican que esta actitude demostrou ás claras unha mesquiña dobre vara de medir das Mareas “a quen se lles enche a boca de falar de ensino de calidade cando se trata de confrontarse coa Xunta pero bloquean calquera proposta que lles esixa asumir as súas competencias nesta materia”.

REACCIÓNS AO ANUNCIO DO CONSELLEIRO

A miña nai sempre me dixo que é de ben nacidos ser agradecidos e a actitude de desprezo que tiveron Mareas e PSOE cun conselleiro que trouxo a Teo 630.000€ para os centros educativos -1,5 millóns de euros nos últimos anos- é intolerable”, salientaba o líder dos populares teenses. As inversións van máis aló das cores políticas e sempre hai que estar agradecidos por elo, remarcan os concelleiros do grupo municipal, quen afea o sesgo sectario e partidista ao que someteron estas demandas educativas.

A actitude do PSOE de Teo resulta ridícula. Perde o alento por “seguir bailando á comba” das Mareas ata o punto do esperpento pedindo melloras en centros educativos que, por unha parte, son da súa competencia, e, pola outra, non existen. No seu comunicado trala visita de Román Rodríguez, o PSOE reclamaba melloras para “os Colexios Rurais Agrupados” –en plural– cando soamente hai un CRA en Teo. Aqueles que piden un ensino de calidade nin sequera saben os centros educativos que hai no Concello que dirixen.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar