Vigo: Unhas escaleiras mecánicas xa unen a Porta do Sol co Campo de Granada


O alcalde inaugurou as escaleiras mecánicas de II República, primeira obra completada en España grazas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) a través do programa Edusi (Desarrollo Urbano Sostenible). “Son o símbolo do que estamos a facer por Vigo”, sinalou Abel Caballero.

A segunda fase das escaleiras mecánicas da rúa II República quedaron inauguradas este xoves para completar o obxectivo da mellora de accesibilidade peonil entre a Porta do Sol e Abeleira Menéndez. O alcalde de Vigo, Abel Caballero, procedeu á posta en marcha das cintas transportadoras xunto aos tenentes de alcalde, Carmela Silva e David Regades.

“Estamos ante unha obra de importancia capital, é a incorporación de Vigo á modernidade, o logro para salvar grandes obstáculos grazas á tecnoloxía”, destacou o rexedor. A construción desta segunda fase supuxo un investimento de 1 millón de euros, de forma que o custe total da obra alcanzou os 1,818 millóns.

Caballero cualificou a actuación como “extraordinaria, xustificada e notable” e sinalou que “queremos que permaneza como un símbolo do que estamos a facer en Vigo e do que queremos seguir facendo”. O alcalde indicou que a “subida imposible” entre a Porta do Sol e o Campo de Granada convértese nun modo de transporte que une dúas zonas da cidade que estaban separadas.

O obra das escaleiras de II República forma parte do proxecto Edusi (Desarrollo Urbano Sostenible) “Unha maneira de facer Europa” que a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) concedeu un total de 15 millóns para o Vigo Vertical. “Ista é a primeira obra en España que se inaugura con fondos de Edusi, o que demostra a nosa eficiencia e a razón pola que nos concederon os proxectos”, sinalou Abel Caballero.

Durante a construción desta segunda fase das escaleiras apareceron restos arqueolóxicos, una parte da antiga muralla da cidade e unha mina de auga que foi preservada e descuberta mediante unha porta de cristal para poder “ver unha parte da historia da cidade

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar