Cuarta edición de “Ourense ICC Week”

A cuarta edición da “Ourense ICC Week”, o marco das industrias culturais e creativas de Ourense, que organiza anualmente a Deputación de Ourense e que celebrará do 2 ao 5 de maio, contará na súa programación cun espazo dedicado integramente aos novos sectores emerxentes e ás TIC (Tecnoloxías da Información e Comunicación), no que serán protagonistas as “mulleres tech”. A xornada “Unha viaxe cara a sociedade do coñecemento” terá lugar o venres, 4 de maio.

Neste encontro coa cultura dixital participarán mulleres referentes e expertas en tendencias de máxima actualidade como son a Realidade Virtual, a Realidade Aumentada, o mundo do Software e a Gamificación ou a Economía Colaborativa. De tal modo que, Sara Rodríguez, Cynthia Gálvez e Luz Castro contarán de primeira man o que están a facer e o que está por vir nun momento de cambios como o que estamos a vivir.

Así mesmo, o venres, 4 de maio, o presidente da AGAG (Asociación Galega de Guionistas), Nico Campos, falará das novas sobre o futuro dos contidos, os guións e a dirección, achegando as vivencias do sector da man da da directora e guionista, Gracia Querejeta, un referente no sector audiovisual.

 

HUMOR, MÚSICA E PREMIOS

 

 

Na programación desta edición destaca a temática do humor como industria cultural e creativa, entorno á cal se desenvolverá unha mesa redonda baixo o título “Humor e creatividade, a parella perfecta” e tamén terá lugar un espectáculo de comedia a cargo de “Pantomima Full”, o sábado, 5 de maio, ás 20.00 horas, no Teatro Principal da Deputación de Ourense.

No apartado musical, a “ICC Music” 2018, terá como protagonistas a Mikel Erentxun e á banda musical Morgan, completándose o programa coa sesión “ICC Show Vermú” na que actuarán Rufus T. Firefly, Esposa, Bifannah e Silvia Superstar DJ.

Outra das novidades deste ano é que durante a celebración da Semana das Industrias Culturais e Creativas entregarase a primeira edición do premio “Rodolfo Prada Cham

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar