O vello cárcere de Lugo acolle a exposición de Álvaro Ledesma

O Vello Cárcere acolleu o venres dúas visitas de distintos centros educativos. Por unha banda, alumnado da Escola de Arte e Deseño Ramón Falcón, despois de admirar as coleccións Marionnettes e Retrospectiva, tiveron a oportunidade de manter un encontro co autor, o polifacético artista vasco Álvaro Ledesma.

Por outra banda, un grupo de nenos e nenas do colexio A Inmaculada, Maristas, fixo unha visita lúdica ás instalacións do centro cultural, na que se amosaron gratamente sorprendidos do contido das distintas exposicións que alberga.

 

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar