Atencións do Concello

En tempos, os Concellos, por forza, só se dedicaban a temas menores, domésticcos, xa que todo o que tiña transcendencia dependía do Goberno Central, que por nomear ata nomeaba, a través do Gobernador Civil, aos alcades, sendo elixidos os concellais nuns simulacros de comicios, onde saían concelleiros representantes das institucións, outro grupo polo sindicato único, e un tercio de representación familiar entre os cabezas de familia.

Daquela, os xornalistas ou os que aspirábamos a selo tiñamos moi limitado o obxecto das nosas críticas, e vedada a información xeral aos medios locales, tiñamos ao noso dispor as posibles críticas aos poderes municipais e provinciais sendo o alcalde de turno o que recibía dardos ou venablos lanzados desde os medios de comunicación, prensa local e radio.

Motivo de crítica eran os baches nas rúas, as lousetas levantadas no pavimento, as beirarrúas desfeitas, os problemas do trafico, os aparcamentos, os canalons en mal estado…

Lembreime desto estes días, precisamente, nos que o deus da choiva chorou sobre Lugo, derramando copiosas bagoas que nalgún momento foron torrente, e provocaron a enchente e desbordamento de canalòns de xeito que por algunhas beirarrúas é difìcil camiñar sen recibir unha ducha inesperada.

En tempos, cando os concellos se dedicaban a cousas humildes, das que redundan en beneficio directo dos cidadans, mirábase moito desde a primeira institución lucense o estado de canalóns, para evitar ese incómodo discurrir en tempo de choiva, e ata había recibos periódicos -taxa ou imposto, que máis dá- que castigaban a infracción, e penalizaban económicamente aos propietarios de edificios con canalóns en mal estado.

Agora os concellos abordan tareas de máis altura, e ben está que así sexa, porque agora os poderes municipais son outros, pero esa maior altura de miras non debera facer esquecer outros problemas, pequenos pero importantes para os que andamos polas rúas, que nunca deberan ser esquecidos.

Porque pode chover menos ca antes según as observacións populares, pero cando chove, chove, e provoca incomodidades que antes preocupaban no concello, e agora parece que xa non tanto. Pero aos viandantes, si.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar