Ourense:O Goberno municipal presenta o proxecto orzamentario 2018

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, e a concelleira de Facenda, Ana Morenza, presentaron esta mañá o anteproxecto de Orzamentos 2018 do Concello de Ourense. Este documento foille entregado tamén aos grupos políticos para que, nos vindeiros 15 días naturais, aporten as súas achegas ao documento de cara a súa aprobación.

Trátase “dun dos proxectos máis importantes que precisa neste momento a nosa cidade. Presento con moita ilusión os orzamentos que Ourense necesita para poder avanzar, impulsar e revitalizar a nosa cidade. Uns orzamentos realistas, os máis sociais da Historia. Rigorosos, feitos e traballados pensando na cidadanía, comprometidos co avance de Ourense e intentando pensar na mellora de todos e cada un os veciños deste Concello”, expresou o alcalde, Jesús Vázquez.

Ademáis, este é “un dos eixos fundamentais do proxecto de cidade que Ourense e os cidadáns de Ourense se merecen. Como xa lles adiantei a algúns de vós, temos listo este proxecto de cidade que, ademáis, iremos presentando nas vindeiras datas”, anunciou o rexedor.

“Chegou o momento de que os veciños saiban do traballo e esforzo deste goberno para por en marcha proxectos, medidas e avances que merecen ser recoñecidos, e que marcan tamén o inicio do que queremos que represente este goberno. A nosa preocupación polo benestar dos veciños, o esforzo inmenso polos asuntos sociais, a aposta pola formación como facilitador de emprego, o comercio de barrio, a educación e os maiores a través do desenvolvemento de accións pioneiras non só en Galicia, senón tamén en todo o país, pero tamén as infraestruturas e a sostenibilidade pensando no futuro dos nosos”.

 

 

RESUMO

 

 

O resumo das grandes cifras que van incluidas neste orzamento é o seguinte:

1. O ESFORZO POR OPTIMIZAR AO MÁXIMO TODOS OS RECURSOS

Neste ano, o Concello ten previsto ingresar 104.041.031 euros, dos que a Lei de Sostenibilidade Financieira permítenos usar 101.370.934 euros.

O esforzo por optimizar os recursos dos que dispoñemos, tal e como levamos acreditando o longo destos case tres anos, permitiu acadar os restantes puntos.

2. UN INCREMENTO EN ASUNTOS SOCIAIS QUE OS CONVIRTEN NOS MÁIS SOCIÁIS DA HISTORIA DA CIDADE

No ano 2014, Asuntos Sociais contaba cun orzamento de 5.867.641,26 euros.

En 2018, Servizos Sociais contará cun orzamento de 7.437.562 euros. Esto supón un incremento do 21,11%.

3. INFRAESTRUCTURAS E MEDIO AMBIENTE COMO EIXE VERTEBRADOR DE FUTURO

No ano 2014, esta Concellaría contou cun orzamento de 31.274.249, 27 euros, pois ben, no ano 2018 contará cun orzamento de 32.652.000 euros

Esto supón un incremento do 5%. É dicir, 1.377.750, 73 euros máis.

4. A EDUCACIÓN E CULTURA SEMPRE NA NOSA MIRADA

Mantense prácticamente o orzamento do 2014, debemos salientar que por primeira vez inclúese nun preuposto desta cidade, unha partida específica para sufragar as obligacións que existen coa Xunta respecto ás Escolas infantís “Galiña Azul”, gasto imprescidible para manter as prazas das escolas infantis existentes ata o de agora.

Tamén deberá terse en conta, que o longo destos tres anos, este goberno acadou centos de miles de euros grazas a convenios e axudas captadas doutras administracións e de entidades privadas en materia educativa e cultural, cantidade que de seguro este ano tamén se verá incrementada como leva sucedendo desde 2015, o que conlevará que a inversión global se vexa incrementada.

5. TRANSVERSALIDADE DA ÁREA SOCIAL E AS PERSOAS COMO CENTRO DA POLÍTICA DO DÍA A DÍA

tanto en Infraestructuras como en Educación e Cultura, están previstas distintas partidas orzamentarias vinculadas directamente co ámbito social, polo que o incremento que fai este goberno respecto ós cidadás que máis o precisan non se circunscribe só ás partidas de Servizos Sociais propiamente ditas. “Levamos anos dicindo que a prioridade de este goberno, é e sempre vai ser a xente que máis o necesita”, sinalou o alcalde.

6. A APOSTA POLO COMERCIO LOCAL

Incrementáse máis que notablemente as partidas destinadas a promoción directa do Comercio Local. No ano 2018, este apartado contará cun incremento do 56,5% con respecto ao ano 2014, incremento que se adicará a campañas de apoio que repercutirán directamente nun sector fundamental na cidade como é o comercio local.

7. SEGURIDADE E PARTICIPACIÓN CIDADÁ, A ESCOITA MÁIS ACTIVA PARA ESTAR AO CARÓN DOS OURENSANOS

No ano 2014 contaba cun orzamento de 3.438.926,15 euros. Neste ano contará cun orzamento de 3.968.815 euros. Esto supón un incremento do 13.4%.

Son áreas clave para a veciñanza de Ourense, de aí ese reforzo na súa dotación orzamentaria.

8. MÁIS INVESTIMENTOS REAIS, MÁIS ESFORZO POR TRABALLAR E ACADAR O QUE OURENSE PRECISA

Tendo en conta o gasto comprometido por este Concello, o marxe de maniobra é limitado, polo que acadouse que as inversións reais suporán o 6,50% deste orzamento: a nada desdeñable cantidade 6.587.182,79 euros, aumentando esta partida en un 11% con respecto ao orzamento de 2014: 717.894,44 euros máis adicados a investimentos reais.

En 2014, a cifra destinada a inversións reais foi de 5.869.288,35 euros. O anterior goberno, con máis orzamento (case 104 millóns, en concreto 103.897,64 euros), adicaoulle menos á inversión real (5,6%).

Eso sen contar coa tranquilidade que produce o feito de ter acadado millóns de euros en inversións procedentes doutras administracións, tanto adxudicadas como en proceso de licitación.

9. BOA XESTIÓN ORZAMENTARIA, A MÁXIMA SEMPRE

Grazas á impecable xestión económica deste Goberno, que acadou a débeda cero no pasado ano, as partidas orzamentarias correspondentes a Facenda redúcense nun 81%. Esto permitirá utilizar eses recursos noutras áreas ao ser un Concello completamente saneado.

No 2014 foron 6.747.788,09 euros. No 2018 son 1.269.538 euros

A esto engádese que de todos é sabido que a Lei de Estabilidade Financieira pon un límite para poder gastar. Que implica isto? Pois que este Concello vai aforrar 2.670.097 euros con este orzamento, cantidade que pasará a engrosar o superávit que, tralas últimas noticias publicadas, poderemos reutilizar sempre e cando a oposición o permita cos seus votos en pleno.

10. TRABALLO REMATADO E VONTADE DE DIÁLOGO COMO ALGO IRRENUNCIABLE

Compre salientar que o presente anteproxecto de orzamentos vén acompañado de todos os informes preceptivos, excepto aqueles informes susceptibles de cambios pola negociación aberta no día de hoxe, que son a Memoria de Alcaldía e o informe de Intervención.

O alcalde, Jesús Vázquez, recalcou que os dous informes que faltan non se aportan porque teñen que ser emitidos coas cifras definitivas que contemple o Orzamento. “Si se entregaran neste intre, a oposición tería a excusa perfecta para dicir que presentamos un anteproxecto pechado. E non é o caso: abrimos hoxe mesmo a negociación que se prolongará nos vindeiros 15 días naturais”.

Unha vez transcorrido ese prazo, remitirase o documento a Intervención para o seu informe, previo á súa aprobación.

En conclusión:

Este goberno fixo unha boa xestión orzamentaria pese ao teito de gasto. Logo de salvar a situación herdada, co Plan Económico imposto polo incumprimento da regra de gasto por parte do anterior goberno municipal, hoxe presentáronse “uns orzamentos realistas, os máis sociais da historia da cidade, rigurosos, comprometidos co avance da cidade e pensados para as persoas”, recalcou o alcalde.

“Somos un goberno que acometemos baixada da impostos e seguiremos por esa vía, sen deixar de pensar nas persoas, priorizando por riba de todo o gasto social. Como ven, aquelas exclamacións de que “se baixábamos o IBI demantelaríamos a área social” son hoxe o que foron naquel tempo: fume e mentiras. A realidade é a que é e está plasmada neste anteproxecto de Orzamentos que lles acabamos de presentar e que demostra novamente a seriedade, o rigor e o avance deste goberno, que garante o futuro desta cidade”, dixo Vázquez Abad.

Por último, o alcalde de Ourense proclamou: “O noso traballo está feito. E así llo amosaremos e explicaremos aos representantes veciñais da cidade.

Agora son os grupos políticos os que teñen que amosar se están dispostos a permitir que a cidade conte cuns orzamentos axeitados á realidade e que siga avanzando. Apostamos porque triunfe a responsabilidade en todos os grupos e para que sexa unha realidade por en marcha medidas xa que necesita esta cidade. Nós cumprimos. Nós escoitamos aos cidadáns, agora tócalle ao resto dos grupos estar ao seu lado, ou frente a eles”.

Es necesarios estar conectado para escribir un comentario Conectar